Galiza VS Portugal

Fomos ata Vilanova de Cerveira en Portugal onde hai un parque acuático á beira do río cunha representación do río Miño e os concellos abeirados. Dende o " concello " de Valença pode pelexarse contra o " concello " de Tui con canóns de auga.
É unha mágoa que non todas as guerras se solucionan con pistolas de auga: sería máis divertido e menos danino !.
Etiquetas: curiosidades IV, viaxes I
5 comentarios:
Cheguei a vostede desde o señor Kaplan. Ambolosdous comparten a presunción de ser pais (quero dicir que se gaban diso, non é que eu teña dúbidas)e agrádame moito porque pertenzo á xeración na que os homes non podían ser tenros. Ainda hoxe hai moito "macho bravío".
E, como non podía ser menos, gústame o que escribe.
Se puideran solucionarse tódalas guerras así... iso sería caralludo, pero como sempre perderían os máis débiles, os que menos auga teñen.
Apunto o sitio para ir botar unha batalliña, que me queda cerca e no verán (se chega de verdade) apetece.
Unha aperta
grande verdade!!!
Eu quero ser soldado dese exército de pistolas de auga. Apúntame
(E supoño que non terei moita dificultade para atopar ese parque do que falas. Á miña nena seguro que lle gustará pasar un día nel)
Non penses, de seguro a alguen aviaselle ocurrir trocar a auga por acedo sulfúrico. SAúdos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio