leoeosseus

mércores, 8 de xullo de 2009

O verán é para os estranxeiros


Onte houbo un minifestival internacional en Vilaguindastre onde actuaron un grupo galego, outro mexicano e outro polaco. Este último foi o máis espectacular polo baile ben conxuntado, as súas vestimentas e a súa vistosidade. Son de Silesia pero semellaban cosacos bailando os rapaces.
Tamén no verán hai máis visitas de estranxeiros e temos prevista a dunha amiga e temos que facerlle unha carta de invitación onde a policía nos pide de todo e hai que pagar, e non pouco. Piden tamén o enderezo da vivenda pero a policía de aquí é mui prosaica e non sabe que en Costa Rica hai sitios onde non hai nome de rúa e non hai número de vivenda. A amiga mandou o enderezo así: "... casa de dos plantas color blanca de cemento con verjas negras, contiguo a las oficinas del periódico...". Por suposto que non valeu e tivemos que bautizar a rúa e darlle un número á casa e deixarnos de literaturas e contos.
Creo que esta visita promete !.

Etiquetas: , ,

4 comentarios:

Ás 09/07/09, 00:49 , Anonymous paidovento dixo...

Non acabo de entender moi ben o conto da visitante que agardades. Xa mo contarás polo miúdo. Por certo, o documento gráfico parécese ao que puxen no meu blog, nin que fósemos ao mesmo sitio.

 
Ás 09/07/09, 13:04 , Blogger Barreira dixo...

Jajaja. Pois eu coido que estaba mellor identificada a dirección dese xeito.
Saudos.

 
Ás 10/07/09, 10:40 , Blogger vermella dixo...

Sei o que contas a nós pasounos algo parecido cando estivo aquí Cristina de Barquisimeto en Venezuela e onde había que poñer número o policía díxonos poñemos sin número porque si vai a casilla valeira non sirve,e a casa de Cris non ten número....
bicos e un grande para o Leo.

 
Ás 11/07/09, 20:51 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Promete de verdade. Tamén quixera saber que nome lle puxestes a rúa. Sabendo que inventaches ti o de Vilaguindastre, a saber que porías.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio