leoeosseus

mércores, 22 de xullo de 2009

Pouco tacto


Hai un dito que di: Non sirvas a quen serviu e eu podería amplialo dicindo " non debas a quen debeu " como ilustra a imaxe dunha nota escrita por unha antiga debedora que agora airea con pouquísimo tacto as débedas dos demáis.
Tamén no choio hai un con pouquísimo tacto que preguntou por que faltara un compañeiro e, cando dixeron que lle morrera un familiar, o tipo non tivo outra ocorrencia que dicir: "- A ver cuando me muere alguien a mí para tener un día libre ".
E xa basta de exemplos de pouco tacto e vou contar un chiste.
Morreron un galego e un madrileño e foron para o inferno. Na entrada un demo díxolles que había só unha praza no inferno alemán e muitas no español pero podían escoller calquera unha. O madrileño preguntou que diferenza había entre os dous infernos e o demo contestoulle: "- En el infierno alemán todas las mañanas viene un hombre y tira una palada de mierda a la cara. Después te limpias y ya no pasa nada más el resto del día. En el infierno español es un desbarajuste y tanto te tiran una palada como muchas o ninguna ". O madrileño foi de espabilado e pediu praza no inferno alemán e o galego tivo que ir ao español. Pasaron varios anos e o madrileño recibía unha palada de merda tódolos días á mesma hora sen fallar ningunha vez. Un día daba un paseo e recoñeu ao galego e foille preguntar que tal lle ía no inferno español e o galego díxolle: "- Boh, ese inferno é unha casa de putas ". O madrileño xa puña cara de risa : " - ¿ Por qué dices eso, gallego ? ". E o galego respondeu: "- Boh, uns días que non hai pala, outros que non hai merda e outros días que non hai home e aínda non recibín unha palada de merda en todos estes anos !..."

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 23/07/09, 00:39 , Anonymous paidovento dixo...

O chiste é bastante típico, pero simpático. O que non ten desperdicio é a nota (xa me explicarás de quen é).
Mañá levamos o indio ao campamento. Chamareite pasado.

 
Ás 23/07/09, 01:17 , Blogger Raposo dixo...

A nota non ten desperdicio, mesmo creo que abril está ben escrito.

 
Ás 23/07/09, 01:31 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahaha, real como a vida mesma!! (a nota xa dubido que sexa real hahaha)

 
Ás 23/07/09, 08:37 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Estes madrileños sempre tan espabiladiños, e ó final, xa ves (sempre falando en tópicos)
Se a "prezidenta Dulcinea" é así, como serán os vocáis...
Ou será unha táctica para que destaque o letreiro e cobrar millor?

 
Ás 23/07/09, 15:41 , Blogger mariajesusparadela dixo...

Pois a min non lle me parece demasiado. No meu povo, había unha carniceira que anotaba as débedas nas baldosas da carnicería...casi non había ningunha (Salvo grandísima necesidade...)

 
Ás 23/07/09, 20:52 , Blogger An dixo...

Do demo nunca se pode fiar un :D e menos se traballa con funcionariado nacional...que ten moi mala fama. SAúdos meu XD

 
Ás 24/07/09, 10:55 , Blogger vermella dixo...

o dito non sirvas a quen serviu sempre o usaba a miña avoa,e sempre engadía:nin debas a quen debeu...
bicos.

 
Ás 25/07/09, 09:08 , Blogger HADEX dixo...

Ja ja ja....bueno fálache alguén que está rodeada de falta de tacto no traballo....afortunadamente non deixo que me afecte....e ademais no ámbito familiar non me pasa....


Bicossssss

 
Ás 26/07/09, 00:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu penso que, tal e como a boa sra. Dulcinea escribiu a nota, o tal Marcial igual non se molesta; até resulta tenro.
Imaxínese que fose unha notificación do xulgado, con toda a súa prosa ilexible por outros motivos: era para botarse a tremer.
Saúdos (nótase que o vrao o ten a medio gas :-)

 
Ás 26/07/09, 12:47 , Anonymous Anónimo dixo...

Hai xente que pode soltar calquer burrada no momento máis inoportuno. Non sei se é porque non pensan o que din ou porque non se dan conta de que as súas palabras poden facer dano.
Saúdos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio