Monday, August 31, 2009

Abur agosto


E rematou agosto e puiden fotografar ao señor que baña os porcos. Tamén ollei de lonxe uns arroaces pescando, oín a verba " embigho " na lingua coloquial, descubrín que lle chaman truel e trueiro ao que chamamos ganapán e mincha ao caramuxo, probei un calzzone de marisco e souben de temperaturas de máis de trinta grados. O malo foi que tocaba recoller e que o Leo anda solto de ventre e con febre.
Enfin, abur agosto.

14 comentarios:

Merce said...

En fin que comenzamos un novo mes con mais experiencias ao lombo, a min tamen me da magoa que se vaia.

Espero que Leo se mellore prontiño

Moitos bicos

aopedofarelo said...

Como cantaban naqulesanos, o Duo Dinamicao, Manolo e Ramon.....¿Os rcordas?, o ti és novo de mais.

..O final do veran
chegou e ti partiras
eu non sei ata cando
meu amor recordaràs
pero sei.........

En fin, vol,ta o traballo, a rutina, e a botar de menos o folgar.
Que magoa non ter cartos dabondo para non facer nada...

Chousa da Alcandra said...

Mira que bañar ós porcos...
Boeno, outros din que lles dan margaritas!

Benvido sexa setembro (e que lle amañe a tripiña ó Leo)

Eva G. Rei said...

Dálle auga con limón e Acuarios. E que non coma nada nunhas horas, xa verás como pasa.
Benvido setembro.

Carlos Sousa said...

Haberá que darlle a benvida a setembro e a todo o que conleva, pero para min é unha mágoa, so pensar no inverno, xa me da algo...

O de lavar os porcos si que é ben curioso, pero bueno, hai xente para todo.

Ana said...

Espero que o de Leo non sea nada grave e que pase pronto.

Desde que estou de baixa ( 3 años), so me doy conta do cambio por lo comenzo escolar.
Vale, e por os dias mais cortos,jeje

Bicos e que Leo se poña bon pronto,pronto.

Kaplan said...

Si, aló vai (mesmo a miña filla está convencida de que a este agosto lle faltaron días)

Barreira said...

Curto pero intenso. Saudos.

An said...

Que se mellore o Leo, agardo que todo vaia a mellor. Saúdos

abueloscrisytoño said...

Esta foto ten moitos detalles, un deles a cara de satisfacción do porco.
Moitos bicos para todos en expecial para Leo.

vermella said...

por aquí os tinta grados tiveron días contados tivemos un agosto de frío no rostro,así que demos a benvida a un novo septembro.
bicos e mimos para o Leiño.

elvira carvalho said...

E Setembro chegou, e já vai a 5 daqui a pouco o Leo faz 3 anos. Espero que já esteja recuperado e de boa saúde.
Um abraço e bom fim de semana

paidovento said...

Hoxe si que prestaba un mangueirazo deses, como o dos porcos.
A ver se actualizamos o blog, que estás feito un preguiceiro.
Ah! e mételle un anti-spam ou algo parecido, que isto vai a máis.
Unha aperta.

Shucran said...

Espero que Leo se recupere canto antes ;)
Por certo, toca dar a benvida a Setembro.
Saúdos!