Conectándome
Levo tempo sen escribir e sen conectarme porque estou vivindo a realidade do verán ( se se lle pode chamar así a esta sucesión de días de chuvia, anubados e frescos ). Pasei unhas minivacacións por terras fisterrás onde a xente é amable e saúda, hai innúmeros gatos, cómese ben e hai homes que lavan os porcos con mangueiras.
Ao final ten razón o reloxio de sol feito polo avóP: Só conto as horas felices ( tradución libre ).
Etiquetas: familia II, viaxes I
11 comentarios:
Boa idea esa de contar só as horas felices. A ver se temos algunha hora feliz xuntos...
Igual podemos facervos unha visitiña en Fisterra, non?
Por certo, tesme que dar unhas clases avanzadas de blogspot que vou continuar co meu "A eira de Balixe".
Está moi ben iso de contar só as horas de ledicia ;-)
Unha aperta.
Antón.
Gustoume ese atípico resumo que fixeche das vacacións en Fisterra :-)
Fas ben en levar conta das horas felices nada máis. Despois de todo son as únicas que de verdade importan.
Eu tamén ando preguiceira neste tempo.
Apertas para ti e os teus.
As horas felices non se dan contado polo rápido que pasan.
As outras si que se contan mellor.
Saudos.
Conte esas horas felices, pero siga contándoas aquí, como fai sempre (que non é vrao)
;-)
se tes horas para contar é que tes muitas. que marabilha!
beijinhos de veram chuvinhento
Sempre é millor contar as felices, mais por desgraza, sempre hai das outras tamén. Que veñan poucas desas.
O reloxio, unha preciosidad, pero fáltalle algo, non? Eu fixen un moi sinxelo no traballo, e non falla. Bueno, cando non hai sol, me parece que non quere ir(!)
Veña, a contar horas felices.
Estaría ben contar só as horas felices e recordar con máis forza os bos momentos.
Saúdos!
Bom vamos a ver se é desta. É que depois do pc vir da oficina, só por aqui andei umas horitas e foi-se a internet. Ou seja, primeiro tinha internet não tinha pc, e depois vice-versa. Como isto é um casal muito unido um não faz nada sem o outro e daí que eu tenha desaparecido de novo.
Já vi ali em baixo o seu príncipe, que está cada dia mais bonito benza-o Deus.
Um abraço
As horas felices son as que nos configuran a sonrisa.
Din que hai unha neurona no cerebro que tenta facer esquecer os momentos malos para que primen unicamente os bós. Hai que alimentar esa neurona e deixar sin comer as que fan o contrario.
Apertas
Iso tamén e o que pon nas tumbas dos... ¿ chineses? penso que sí que son os chineses os que o fan, que poñen nas súas lápidas xxx días, e son os días que tiveron de felicidade... non sei cómo levan a conta.
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio