leoeosseus

xoves, 13 de agosto de 2009

Roteiro de Carracido

Hoxe pegoume unha arroutada e fun de mañá facer o roteiro de pedras e auga en Carracido, unha parroquia de Vilaguindastre. Son uns catro quilómetros en círculo e pasas por unha zona onde semella que estivo un xigante caprichoso xogando con penedos e ciscándoos entre construccións, labradíos, regatos, camiños e bosques de loureiros, piñeiros, carballos, castiñeiros, acacias e eucaliptos.










Case non me crucei con ninguén pero si algúns cans e un cabalo que me ollaba curioso dende unha xanela da corte.


Mirei penedos enormes e outros que semella que van caír en calquera momento.






Pasei por viñas abandonadas onde medran castiñeiros agora.

Tamén había un muiño abandonado co rodicio ou reducio ( como lle chamamos por esta zona ) esperando que alguén o leve para adornar unha finca, un chalet ou un bar.




Topei amoroteiros ou érbedos que me fixeron lembrar a palabra " morojo " roubada do galego falado para a Real Academia Española.






E aproveitei e acerqueime ao monumento de Mos feito con pezas dun muiño cun panel explicando que " mós " é como se lle chama pola zona ás moas do muiño e aos tornarratos.




Adico este posteo con muito cariño a unha leitora fiel do blogo e que é desta zona e sei que lle vai gustar.

Etiquetas: , , ,

12 comentarios:

Ás 14/08/09, 03:03 , Blogger Antón de Muros dixo...

Gustoume a entrada.

Estiveches en lugares moi fermosos.

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 14/08/09, 09:45 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Gustoume moito a entrada. E teño moitas ganas de facer o roteiro, pero non soa (que outro día indo camiñar cara Cans paroume un coche para ver se subía... a xente perdeu o norte! E iso que eu ía ben disfrada e era moi evidente que ía facendo exercicio...
Ben, a ver se quedamos logo para a excursión.
Por certo, xusto hoxe fixeime no monumento ese de Mos, e iso que paso todos os días por diante. Curioso, non?

 
Ás 14/08/09, 11:58 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Da gusto, cando se teñen gañas ou se pode (que non sempre pasa), facer unha ruta dese estilo.
Pasas por sitios que xa coñecías, pero que as presas fan que un non se fixe ben, e despóis ó ir con calma e coa cámara, un contempla de verdade ese paisaxe tan fermoso que temos.

O da M do monumento no sabía que eran dúas "canaletas" de pedra dun muiño.

 
Ás 14/08/09, 17:54 , Anonymous Anónimo dixo...

Chamoume especialmente a atención a quinta foto, recordoume ós típicos xogos de construción tipo "Lego".

Saúdos!

 
Ás 15/08/09, 06:44 , Blogger TXARI dixo...

de seguro que tamén Tolkien nalgún momento achegouse pelo roteiro...fermosas paraxes!!!

 
Ás 15/08/09, 11:14 , Anonymous Anónimo dixo...

Excelente excursión, nin Indiana. Aquelas rochas redondas parecen ovos de animais prehistóricos.
Siga explorando e logo cónteo, por favor.

 
Ás 15/08/09, 12:53 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E como non lle vai gustar a esa persoa, se ata lle gustou a ese Anonimous xaponés (son japonudos estes cojoneses!).

De certo que resultou ben bonito de ver. Seguro que ainda moito mellor será poder vivilo paseándoo.

Unha aperta

 
Ás 15/08/09, 20:25 , Blogger BRABIDO dixo...

Donde houbo viño agora ae castañas a natureza non para de traballar,polo noso ben,tamen podo observar moito abandono,non sei se esa zona é privada ou do concello,unha pena

PRAADIANTE

 
Ás 16/08/09, 18:47 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Lindas as fotos. Por cá também se chama mós.
Amigo, a festa hoje é no Sexta. Passe por lá e junte-se a nós.
Um abraço e fico à espera.

 
Ás 17/08/09, 10:36 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Unha entrada chulísima non falta de nada ata con dicionario e todo es o máximo.

 
Ás 17/08/09, 16:50 , Anonymous F. Míguez dixo...

Fermoso roteiro, sen dúbida. Cando teñas algunhas gañas de camiñar máis proba, sen ir moi lonxe con algún dos roteiros que pasan pola cara occiedental do Galleiro, un pouco máis arriba que ese por onde andiveches. Hai unhas panorámicas bastante fermosas, a algo de historia agochada nos seus camiños.

 
Ás 17/08/09, 18:29 , Anonymous Anónimo dixo...

Grazas é moitos bicos, estiveches nun sitio no que ó sol é mais fermoso ca en ningun outro lado, cando queiras, repetimolo xuntos é cóntoche as historias e os nomes dos sitios,repito BICOS,APERTAS é ata cando queiras.
QUÉROTE ATÍ E AOS TEUS.

EVA CARRACIDO.anetadocura@.com

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio