leoeosseus

mércores, 28 de outubro de 2009

Meme do libro galego


O amigo Manuel embarcoume nun meme creado por el.

Este meme consiste en sortear un libro en galego ( ou portugués ) escrito, a poder ser, por un autor da zona. Unha vez escollido o libro pásaselle a bóla a cinco blogos máis. E o día 30 de novembro faise o sorteo do libro ofrecido entre os comentaristas desta entrada.

Bueno, pois eu entrei na librería máis antiga de Vilaguindastre e alá buscou a dependenta escritores da zona e do pouco que había o libro da foto foi o que me convenceu. Titúlase " Alma de can " de María Magdalena Domínguez e ten ilustracións de José Crespo. A poetisa non é precisamente de Vilaguindastre pero respira os mesmos aires.

E agora pásolle a bóla a ( e que me perdoen ) :

- Manolo Busto.

- Bolboreteira.

- Día a día.

- An.

- Peke.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 28/10/09, 22:50 , Blogger Unknown dixo...

Vaya bola me metiste,jejeje
Agora que fago, buscar un libro de un escritor de vigo e a quen o paso...dos meus lectores poucos son galego/potugues parlantes.
Aishhh....non sei que facer

vou a pensar como facelo.

Bicos

 
Ás 28/10/09, 23:41 , Blogger Moraima dixo...

POis é unha boa forma de animar a ler un pouquechiño máis en galego, e dar a coñecer novos escritores! ;)

 
Ás 29/10/09, 09:52 , Blogger Bolboreteira dixo...

Grazas por pensar en min.Fareino con gusto, ainda que teño que pensar como...Coñezo poucos autores da miña zona, pero será unha forma de investigar...a ver que descubro.
Bicos!

 
Ás 29/10/09, 11:02 , Blogger fonsilleda dixo...

Achégome, desde non moi lonxe, para solicitar número para este sorteo.
Grazas e bicos.

 
Ás 29/10/09, 11:53 , Blogger Raposo dixo...

Boa idea a que tivo Manuel L. Rodrigues. Dame un número para o sorteo, porfa.
Apertas.

 
Ás 29/10/09, 14:46 , Anonymous Zeltia dixo...

pois eu non che pido número... (porque tampouco cho dei a tí)
paréceme que cando mo pediches, para "memorias dun neno labrego", non viches que en realidade non participo no meme :-) (arroutadas)

 
Ás 29/10/09, 22:50 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu veño buscar número e a convidarte a que veñas ti á Chousa polo teu se quixeras.
(O convite a vir á Chousa para o meu sorteio esténdese a todos os que participen; así que...xa estades vindo!!!)

 
Ás 30/10/09, 19:10 , Blogger fgul dixo...

Eu tamén solicito número e animo a quen queira vir buscar o seu á miña casa.

Apertiñas!!

 
Ás 31/10/09, 12:19 , Blogger An dixo...

ouch...chego tarde
XD o luns subo o meu meme...xa sei que libro ei sortear XD SAúdos e grazas por contar conmigo

 
Ás 31/10/09, 12:46 , Blogger Marisa dixo...

Eu da man da bolboreteira
tamén me achego para a
procura doutro número.

Biquiños

 
Ás 03/11/09, 19:53 , Blogger busto.agolada dixo...

Procurarei nos vindeiros días sumarme ao meme. Grazas pola invitación. Apúntame xa que logo.
E moitas apertas.

 
Ás 17/11/09, 22:01 , Blogger An dixo...

Xa esta...xa o pasei e xa subin o meme :D Saúdos e apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio