Wednesday, November 4, 2009

O " Tatuado "


Remataron as miñas vacacións e volvín ao traballo. Hai poucas novidades: un fillo dun compañeiro tivo a gripe A e contrataron un home grande como dous ( semella que a crise imos capeala ). Volvín mirar compañeiros como o " Tatuado ". A primeira impresión que levei del non me gustou muito: leva muitas tatuaxes, estaba serio, falaba pouco e koruño. Pero a medida que pasaba o tempo descubrín o seu perfil máis humano: facía bromas, preocupábase polos animaliños e ata me contou a súa última bondade. Resulta que está proibido fumar pero el vai ao baño igual e alí alivia o vicio. Nese tempo " morto " descubriu unha arañeira e collía el moscas coa man e púñallas á araña. E así fíxose amigo da araña e ata falaba co ela. Pero pasou o tempo e o outro día estaba triste porque a muller da limpeza fixera desaparecer a súa mascota.
Enfin, que debaixo dun corpo tatuado pode haber un corazonciño sensible.
A foto é de Doisneau.

14 comentarios:

zeltia said...

pois sí, paideleo:
os tópicos sempre esconden as verdades.
(mira, ó final, do "tatuado" puideches extraer unha ensinanza que lle transmitir ó leo)

:-)

Ana said...

E que as aparencias a menudo engañan.

Bicos

Merce said...

As veces xuzgamos aos demais polo seu xeito de vestir, ou pola primeira impresion que nos dá, eu tamen comento ise erro. Ao cabo dun tempiño daste conta de que era iso, un erro que pode chegar a ser fulminante sen que nos demos conta.

Gustame moitisimo esa foto, pero moito moito :)

Biquiños

brabido said...

Todos temos corazon uns mais grandes outrosmais .....

SAUDE

mfc said...

uma foto magnífica.

abueloscrisytoño said...

Mira ti, el(o da foto)rodeado de de mozas dez e con todo esta contemplando cun sorriso a que parece unha foto da nai
A.Cris

Moraima said...

Unha clara forma de descubrir que as apariencias enganan ;)

Chousa da Alcandra said...

E debaixo dalgún corazonciño tamén che hai cada tatuaxe...

Shucran said...

As aparencias enganan e pódennos levar a prexuízos... Certo todos temos un corazonciño ;)
Saúdos!

Raposo said...

Coido que todos temos unha alma sensible. Algúns mais fonda ca outros, eso si!

Bolboreteira said...

OHH!! que anecdota mási tenra..se é que as apariencias enganan....sempre hai que mirar máis alá descubrénse grandes tesouros..
Biquiños

Cuspedepita said...

Boísema a definición do koruño. Non sabía que existise (a definición) :-))
Non sei se me fixeron máis gracia os textos nese "idioma" ou as traduccións :-))

Bicos

fonsilleda said...

Estamos afeitos xulgar pola aparencia e aínda que ás veces ten que ver coa personalidade, moitas outras erramos
Gústame moito a fotografía.

mamiago said...

divertido!!!