Eu
Hai tempo Bolboreteira mandoume facer un meme onde me teño que describir con sete caraterísticas. Podería contestar cos praceres confesables que teño ou coas cinco manías que teño ou mesmo falando dos oito países que me gustaría visitar pero non sei falar de min nin para pedir traballo. Así que deixo que opinen os comentaristas sobre min e prometo dicir se están certos ou non.
Animádevos que admito anónimos tamén !.
Etiquetas: interrede IV
19 comentarios:
Eu opino que Leo ten moita sorte ten un pai que o quere moito e iso a min xa me di moitas cousas boas de ti.
Bicos
É ben difícil, aínda non che coñezo moito, pero, en principio, gústame o papá dun tal Leo.
Bicos
pois se a tí che é dificil describirte con 7 características,
imaxínate que te describamos nós!
-eu en concreto non hai moito que te leo, paideleo (já)-
(a min estes tipos que non lles gusta falar deles mesmos fanme desconfiar :-) haberá tema máis importante ca un mesmo!)
:D
bueno, pero ainda así, mirando por aí vin que tí mesmo dis que es moi curioso e tés interés en saber e coñecer das cousiñas miudas que tés o arredor, nas que moita xente non repara...
e eu tamén observo que é certo iso,
entón,
esa é a característica que apunto eu.
O de levantarse pola noite e mirar que inda che quedan duas horiñas,non ten precio.
Saúdos
Home, aínda que pasas moi cerquiña da miña casa cando vas a Arbo, nunca me cadrou verte para coñecerte. O que si me imaxiño é que eres un tío moi caseiro e encantado coa túa vida e o que a rodea.
Ti dirás.
Unha aperta
Grande observador, de aspecto serio pero cun sorriso que contaxia, moi bo ensinante (aínda que non traballes niso), excelente escritor, reflexivo, coidadoso, curioso e sabio ao mesmo tempo, bo confidente, bo amigo e mellor pai. E a xulgar pola cara da túa compañeira bo amante e home (xa sei que xogo con avantaxe)...
E por fóra moreno e peludo!!!
(que non todo ían ser flores...)
Pois eu non é que che coñeza moito mas vou arriscar:
- Bo amigo dos amigos.
- Dos que choran cando lles doe, sen medo a demostrar os sentimentos vaia.
- Cariñoso
- Tes pinta de que che vai a farra hahaha
A ver se atinei :)
bicosssss
Véxoche sempre o dixen como un home sabio e prudente. Polo que se ve na foto, simpático e esa camiseta de North Carolina dinos que che gustaría volver é certo?
Bicos
A.Cris
Dilaida: si que o quero muito. Tamén el faise querer, de momento.Penso que renegar dun fillo é de mostros.
fonsilleda: graciñas por non defraudar, en principio. Podo dicir que o sentimento é mutuo. Nos teus escritos vacías o teu corazón dun xeito que non podo repetir e que admiro por imposible.
zeltia: xa me coñeces dende hai un chisco, non ?. A verdade é que debería saber máis cousas de n¡min pero acabo sorprendéndome sempre.
Son curioso, si; teño medo a non saber onde estou ou que é o que miro e escuito ao meu redor. Aí cuido que atinaches, "vella" amiga.
BRABIDO: a que si ?. O malo é se queda só unha media hora; acabodesvelado e aí se acabou a noite.
Carlos Sousa: sempre que paso pola antiga nacional miro para o centro social de Areas e a casa que están reconstruindo aí e penso en ti e en Brabido e Beni, claro.
Volvinme caseiro que tiven unha longa tempada de can nos meus tempos mozos. Gústame a miña familia e a que me tocou en matrimonio e procuro desfrutar con todos.
Eva, Eviña,mira que me fixeches rir !. Vaia piropos !. Bueno,vou por partes: observador creo que si, anque non me preguntes por roupa ou por nomes de persoa que son malísimo. Aspecto serio si que teño, ata podo dar un pouco de medo. Iso si, se sorrío sen ensinar muito os dentes; bríllanme os ollos e gaño algo. Ensinante non creo que fose bó. Deixei a carreira por tarambainas pero creo que non chegaría a ser bo mestre.Excelente escritor quédame grande. Podo ter momentos ou frases ocorrentes pero nada especial.Reflexivo non, o pouco que penso trabúcome en todo. Coidadoso ncreo que si; teño medo a romper algo. Curioso si que son, coincides con zeltia. Sabio non son, podo saber cousas que non saben muitas persoas pero non me considero sabio anque querería selo. Confidente si que son. Son muito millor pai que amigo porque tampouco deixo profundizar a amizade.
Teño a sorte de que a miña compañeira sexa tan leda e que teña esa cara e non é mérito das miñas facultades amatorias. Iso si,procuro ser un bo home con ela, é o mínimo que podo facer pola xoia que me tocou.
Ser moreno non é malo ( é un alcume da familia de miña nai ) e peludo só son da fronte para abaixo, non hai que esaxerar.
meninheira:
-podería ser millor amigo.
-choro cando mo pide o corpo: de tristeza ou de risa. Espero que veñan máis risas que choros.
-cariñoso si que son un pouco.
-a farra vaime, millor dito, foime máis antes que agora.
Non erraches muito, meninheira.
abueloscrisytoño: o de sabio quédame grande. Eu diría queson un sabichón con gañas de medrar. Prudente si que son; en tódolos aspectos da vida. Ata diría eu que son un parado de tan prudente que son. Son algo simpático e ocorrente e procuro estar contento. A etapa de North Carolina pasou pero parte do meu corazón quedou alá. Non desboto a posibilidade de volver outra vez ou ir a outro lugar.
Un saúdo á familia de Marín.
:D alédome ter atinado :D
Eu so podo dicir que tes riso de pillabán, e iso gústame, dame boas vibracións, pero o que máis me gusta é como falas do teu fillo e do que che rodea, pareces un tipo amigable e tranquilo, deses que che fan a vida agradable.
Seguro que atinei. Bicos
o dos amigos e amigas é curioso.
pregúntome se é unha cuestión de personalidade,
das circunstancias que lle toca a un na vida
ou de unha mestura de ambas,
iso de valorar máis ou menos, e afondar afectivamente no terreo da amizade.
Lembrei un dito que escoitei hai uns anos "é moi dificil escribir sobre un mesmo, por iso prefiro facelo sobre unha mesa"
Falando en serio... imaxino que es un home traballador e que honra a súa paternidade.
Unha aperta.
Antón.
Puxéchelo difícil de carallo; pero xa vexo que che van sacando cousas.
Eu, por non repetir -senón copiaba as de Eva outra vez- direi que tes un ramalazo de timidez.
Apertas
Boa maneira de facer o Meme, unha orixinal idea.
Eu direi de ti, ainda que non te coñezo para opinar, que cumpres a túa palabra, algo moi valorable dende o meu punto de vista.
Graciñas.
Un bico.
1. Vas polo mundo cos ollos ben abertos, tentando descubrir nel todo o que ten de bo.
2. Es capaz de asombrarte co que te rodea.
3. Sabes escoitar e ler, e sacas froitos do que escoitas e lees.
4. Es coma un camaleón, podes estar en calqueira lugar e non chamas a atención, tes o don da metamorfose.
5. Debuxas e escribes ben, moi ben.
6. Transmites dozura e tranquilidade.
7. Tes un sorrir nos ollos moi picarón.
8. Hai! se falaras a metade do que escribes e sentes.
9. Non eres quén de dicir "non" aunque haxa que dicilo.
mencía: si, creo que teño sorriso pícaro e que Leo vai herdalo. Estou namorado do meu fillo e trato de non amargarme con nada e daí que busque o lado positivo das cousas que si que existe.
Son amigable e tranquilo, si.
zeltia: supoño que todo será problema meu que non son quen de afondar nas relacións porque muitas veces estou ben estando eu só. Non houbo circunstancias vitais que me fixeran descrer da amizade. O problema é meu que son algo toxo ás veces.
Antón de Muros: está ben o dito ese,ha,ha.
Máis que traballador, son responsable e procuro ser un bo pai e estar aí sempre para o que faga falla.
Ala,a seguir desfrutando da praia por esas terras e a ver se escribes sobre os nomes galegos desa zona que teño curiosidade.
Chousa da Alcandra: bueno, Eva esaxerou ou inventou. O da timidez é verdade: muito tremei co micrófono na boca alá en Agolada!.
Bolboreteira: boa forma de escaquearse dirás.
Si, eu cumpro a miña palabra( pero tamén a dou poucas veces ). Eu valoro muitísimo iso, coma ti e cando valoras algo é que queres cumprilo.
Anonymous: quen serás ?.
1. Gústame aproveitar a facultade da vista aomáximo e teño curiosidade por nimiedades, pero curiosidade á fin.
2. É que hai cousas sorprendentes, non digas que non !.
3. Pois non creo que saiba escuitar, ao millor dou esa impresión pero non quedo nin coa metade do que se fala. Iso si, saco partido ao que leo e escuito.
4. Máis que camaleón son un moble ou unha estatua; non dou a nota.
5. Graciñas polo piropo. Creo que me falta muita práctica en ambos terreos.
6. Iso cando poño a cara boa que a mala mete medo.
7. Xa o di miña nai: de estar serio a sorrir cambia a miña expresión como da noite ao día.
8. Escribo pouco e falo menos. Hai veces que admiro á xente que pode estar dúas horas ou máis a falar e non son aburridos. É un misterio para min.
9. Procuro non ser rotundo cos meus " nos " e " sis " ( se te refires a iso ).
oes o post este
estivo moi ben,
o final serviu para que te coñeceramos un chisco,
e xa sabes o dito:
coñecer é querer.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio