O " Bebopurrela "
Cando vou a Arbo paso por este camión de gaseosas abandonado e non podo evitar pensar no camioneiro " Bebopurrela ". Este rapaz traballaba para a Torredocaminho e un día ata falei dun accidente que tivera. Pero diso xa choveu un pouco e a el tamén lle chegou a famosa crise e agora está cun camionciño repartindo bebidas para bares e de aí que o lembre eu cando miro este camión. O " Bebopurrela " caiume sempre ben porque é de mente positiva e leda e ten un sorriso imposible de borrar. Os accidentes e as crises non poden co el. Conserva a simpatía e conta historietas e " paridas " con humor. Sempre canta e dálle un xeito pero o máis simpático é que inventa letras e de aí que eu lle chame " Bebopurrela ".
E agora vou resolver o misterio da nomeada que lle puxen ligando a canción que el cantaba e titulaba " Bebo purrela ".
Xente así nunca está de máis !.
Etiquetas: personaxes II, traballo II
7 comentarios:
Pois si que hai pouca xente así... a todos nos viría ben unha pizquiña de esa positividade nestes tempos!
Apertas
Amigos asi son os que che alegran o dia.
Que non pases frio
Xente coma o Beboporrule non está de máis nin tampouco quen nos lembre estas historias que emanan tenrura e humor.
Moitas apertas e bo ano.
Je,je, "Bebo purrela", moi bo. Haiche que ter humor nestes tempos que corren, senón estamos apañados.
Unha aperta, e sorte para este ano
as cousas como nos levan as persoas. as asociación de ideas son difíciles de desfacer.
cando eu era unha nena soaba moito unha canción de los 3 sudamericanos, que se chamaba cartagenera,
para mín que dician:
cartagenera, morena,
en mi recuerdo, verdura"
se ben é certo que sempre me chocou que meteran a verdura alí que non viña a conto de nada, pero se non sabía o que era "perdurar" tamén vai tí saber qué cousa era iso de "cartagenera"
Jajaja, pois mira que a cancionciña esa xa traicionou tamén á rapaza loira esa que se lle foi a pinza cantándoa e lle puxeron a "Poyeya".
(O bebopurrela vai que nin pintado co meu slogan de up the cuiño...)
¡Ben por ese rapaz!. É certo, "xente así nunca está de mais".
Vai moito frio.
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio