leoeosseus

xoves, 28 de xaneiro de 2010

Pelengríns e ladróns


Hoxe levei a Leo ao parque da escarranchada e pasamos polo albergue de pelegríns onde había unha parella de californianos. Quixen practicar o meu inglés tarzánico e pregunteilles se necesitaban algo. Eles tiñan a porta pechada e querían abrila. Había un cartel cun número de teléfono e dixen que chamaran a ese número. Dixeron que non tiñan teléfono e preguntaron onde era o concello e alá botou o home a andar. Fun ao parque e cando cansou o Leo marchamos. Seguían os californianos esperando que chegase un municipal para abrirlles a porta. E mirei que tiñan un móvil na man. Antes dixeran que non tiñan e agora si tiñan ?. E caín da burra. Deberon pensar que eu son a raposa das vinte uñas que é como chama ao ladrón un compañeiro de traballo.
Pois nada, que teñan unha boa pelegrinaxe e que teñan unha boa lembranza de Vilaguindastre co municipal tardón e o home que lles quería roubar.

Etiquetas: , ,

7 comentarios:

Ás 29/01/10, 15:19 , Blogger Paz Zeltia dixo...

moita desconfianza me parece a mín.
un home lugareño que lles pregunta se precisan algo...
e ademáis para qué raio quere ninguén o teléfono móvil doutro,
agora xa só rouban os modelos quetecagas

(confesa, paideleo, as fotos que nos pos son falsas, e tí realmente es un greñudo con aspecto grunge e barba de unha semana, e por iso os forasteiros non se fían de ti, porque o tamaño non,
pero a apariencia,
seica
importa)
:D

 
Ás 29/01/10, 18:28 , Blogger vintxuca dixo...

Iso é porque confundiches as verbas i en lugar de ofrecerlhes axuda dixeches algo como...arriba as mancinhas!!!!!!!hai que practicar ese injlés!!!!!

 
Ás 29/01/10, 19:29 , Blogger BRABIDO dixo...

As clases de ingles foronche ben pequenas,vai ti a saber se algunha vez os atracaron,o que me choca e que desconfiaran de ti levando o neno.

Non sei,hoxe ae xente pa todo.

 
Ás 29/01/10, 21:08 , Blogger xenevra dixo...

Pois eu creo que o municipal si chegou e os pelegríns (que non eran tales) roubáronlle o teléfono móbil para telefonar "de balde" ás súas amizades do estranxeiro e contarlles o confiadiños que che somos por aquí.

...por exemplo, ou??

 
Ás 30/01/10, 02:25 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Seguro que lles falaches "in English language"?

 
Ás 31/01/10, 20:54 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Para que logo digan que a xente galega é a máis descofiada do mundo!

Por certo, Leo debe ser un sol de criatura!

 
Ás 31/01/10, 23:20 , Blogger paideleo dixo...

zeltia: tiñan amosca detrás da orella, si. Supoño que non sería só polomóbil senón por mostrar a carteira ou o lugar onde gardaban as cousas de valor. Eu que sei !.
A verdade é que a miña imaxe non é de hermanita de caridad e ía sen barbear pero ía cun neno, unha bolsa de merenda e unha moto de plástico.

vintxuca: supoño que non sería o millor inglés que oíran na súa vida pero tampouco o pior, eh ?.
Vou ter que practicar o inglés con turistas ( non turistos ) xaponesas, suecas, alemanas ou de por aí diante que teñen un inglés máis básico.

xenevra: pode ser ben o caso,he,he.
Aínda tiven sorte de que lles dei mágoa polo neno e non fixeran chourizos co meu corpo serrano.

Eva G. Rei: máis ben American. Debeu de ser a cousa esa o que os alelou.

A nena do paraugas: a todo hai quen gañe, a todo. Quero crer que o fixeron para non recibir ningunha axuda externa e así gañar con máis razón o xubileo.
O Leo faise querer anque ten momentos posesos que acaban coa paciencia de calquera pero son os menos.
Graciñas polo comentario. Creo que é a primeira vez que comentas por aquí.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio