Razón e equivocación
Un posteo de Chousa da Alcandra fíxome lembrar un enredo que aprendín hai anos onde o final acaba coma o principio.
Cando un neno ten catro anos pensa que o pai sabe todo. Cando o rapaz ten doce anos pensa que o pai ás veces se equivoca. Cando ese mozo ten vinte anos di que seu pai non se enteira de nada. Cando chega aos vinteoito di que seu pai ás veces ten razón. E cando chega aos trinta e seis o neno, xa feito un home, exclama: " Canta razón tiña meu pai ! ".
Na foto está a bisavoa Celia rodeada de veciños nenos, rapaces, adultos e vellos con razón ou errados ou no camiño entre ambas posicións.
Etiquetas: curiosidades V, fotografía, interrede IV
15 comentarios:
Pois tes razón, segundo se van cumprindo anos cada día dáse un máis conta da razón que teñen ou tiñan os nosos maiores.
Qué curioso, Pai :)
si home, levas razón!
é un bo círculo!
ainda que hai pais que non levan razón na súa puta vida,
e fillos que tampouco chegan a recoñecerlla nunca...
pero eses casos son os menos.
despois da infancia admiradora de pais
a adolescencia onde esa admiración cae por terra
ó facerse un adulto, e sobre todo ter os propios fillos,
decátase un da razón que tiñan seus pais.
tíñaslle que ter posto un circuliño a avoa Celia, que na distingo
Coñecía o dito e, aínda que as idades poden variar un pouco, a realidade é que é bastante certeiro.
Bicos
P.D. A foto, moi boa. ¿Cal é a bisavoa?
Cantas veces acordeme das frases da minha nae. Agora as digo eu...
Bicos
Fermosa foto! como me gustán estas fotos antigas.
O enredo este leva moita razón.
Biquiños
Qué foto tan preciosa! é dunhas festas non? (o digo polas bandeirolas de enfeite) :)
A experiencia (edade) e unha leccion que si a das aprendido valeche de moito.
Saúdos
Tal cal compañeiro. Eu coñecía o dito cando o fillo remataba por incluso concederlle o grao de sabio a seu pai.
Concordo tamén na apreciazón xeneralizada da intensidade que irradian as fotos antigas. Embelésome mirándoas.
Apertas (e xa pagarás un grolo pola inspiración aportada co meu círculo de zapatos)
Era un día da festa da Virxe do Libramento que cadra a primeiros de setembro e a bisavoa Celia está á esquerda diante dunha nena de branco e á beira duns homes con boina.
Chousa sempre nos fai darlhe a cabeza, haha :)
Foto preciosa por certo. O caminho é duro pero é certo que ó final os pais sempre tenhen a razón hehehe!!! unha aperta!!!!
A virxe do libramento!! endexamais ouvira! é unha virxe mariñeira? e que pensaba que sería algunha festa que tivera que ver co mar.
A min fascínanme as fotos vellas, sempre imaxino o que estarían pensando, como sería a vida de cada un... :)
bicossss
Je,je, canta razón. Pero aínda así que non se entere meu pai, que non quero dar o brazo a torcer. E maís agora, que o meu fillo vai facer 15, e para el xa non sempre levo a razón.
Boa idea a de xuntar os reinos do Val da Louriña máis o Val do Tea. Quen sabe...
Dilaida: non o digo eu pero parece que todos os indicios apuntan a iso.
Ra: muitas veces o evidente resulta sorprendentemente curioso. Curioso, non ?.
zeltia: sempre hai excepcións e isto é así polo aire pero en xeral ten razón este círculo.
fonsilleda: o das idades non o sabía seguro así que puxen unha diferencia de oito anos por poñer algo.
Ana: e coma ti todos e quen diga o contrario algo raro ten.
Bolboreteira: graciñas polo cumprido da foto pero nin sei quen a fixo nin o ano.
O círculo está ben, si.
meninheira: a foto merece estar nun museo, si. A festa era a do Libramento.
BRABIDO: todo suma e non se lle pode negar experiencia a unha persoa con muitos anos.
Chousa da Alcandra: eu lembro este círculo así pero haberá outras versións e a túa seguro que merece un posteo.
A foto hipnotiza e iso que non se coñece a ninguén.
De momento bebe grolos virtuais. A ver se coincidimos noutra ocasión. Bueno,haberá que facer por coincidir.
vintxuca: o Chousa dá para pensar e repensar.
A foto non é miña pero póñoa por preciosa.
Os pais teñen muita razón que un fillo non coñece.
meninheira: a virxe do Libramento é avogosa das mulleres que están de parto e non é mariñeira, máis ben venerada a ambas marxes do río Miño ( que eu saiba ). Non é mar o que está á dereita.É o adro da igrexa e alí fan unha danza tradicional e daí que a xente estea toda mirando esa danza.
Carlos Sousa: si, costa darlles a razón como tamén quitarlla.
Sería fermoso un reino común.
Que mala é a ignoransia hahaha non che sou eu moito destas cousas. ;)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio