Wednesday, February 10, 2010

Non hai te


Hai anos a un que non estaba barbeado dicíaselle no choio: - " Hai café ". Que é apócope de: " Hai qu´afeitarse ". E o aludido acostumaba retrucar cun: -" Non hai te "; apócope de " Non hai tempo ".
Por iso e pola escaseza de ideas levo uns días sen postear. A ver se cambio de turno de traballo.

12 comentarios:

Dilaida said...

Pois haberá que esperar que o haxa, o traballo é o traballo, xa se sabe...

Carlos Sousa said...

Eu tamén sempre contesto co "non hai te", preguiceiro que é un para eses choios.
Se ti posteas pouco, o meu xa non sei como se chama.
Se podo ir, a ver se te vexo en Ponteareas este venres.

Torreira said...

:-)) que bo...eu levo unhas semanas sen te...apertas pais.

Merce said...

Benvido ao clube dos escasos de tempo :)

Pouquiño a pouquiño.

Bicos.

P.D. por certo, gustame moitisimo a composicion desa foto ;)

Bolboreteira said...

Pois andamos todos sin te, manda truco!
Moi bo!
Bicos

fonsilleda said...

Moi bo Paide, non os coñecía.
Bicos.

Cuspedepita said...

Por aquí hai pouco te tamén, e pouca inspiración. Quizá vaia todo relacionado ¿non che parece ?

BRABIDO said...

A veces ae que buscar tempo donde non ae.

Saúdos

zeltia said...

máis ca de tempo, eu penso que é de ganas!
pero claro, iso non rima.

eu debo ser algo rara,
porque me encantou este post

Chousa da Alcandra said...

Sodes a hos, por esas te! ;-)

Antón de Muros said...

Penso como Zeltia: non só é un tema de tempo senon de ganas, e -como dixo Cuspe - de inspiración. falo dos blogues non da barba ;-)

Unha aperta.

Antón.

paideleo said...

Dilaida: pois semella que collín soltura estes días. O entruido dá para muito.

Carlos Sousa: parece que a expresión está restrinxida ao mundo obreiro masculino.
Ao final mirámonos pero case foi polo aire o encontro. Para a próxima...

Torreira: debes de ter unhas barbas bíblicas.
Apertas.

Merce: non é escaseza de tempo senón mala distribución polo horario.
A autofoto fíxena así e ao terceiro intento saiu o que posteo que non ten ningún fin artístico senón retratar dalgún modo o posteo.

Bolboreteira: supoño que será un mal actual.

Cuspedepita: e pode ser porque os males non acostuman vir sós.

BRABIDO: e fágoo pero hai veces que non van xuntos o tempo libre e a inspiración.

zeltia: din que quen quere,pode, e o que non quere pon excusas.
O posteo trata de informar ensinando algo que non todo o mundo sabe ( e menos as mulleres ).

Chousa da Alcandra: na' especial, non creas.

Antón de Muros: a verdade é que para barbearse non se precisa inspiración e para postear fai falla algunha.