Old chap, viejo amigo.
Seguindo coa viaxe das palabras quero mencionar o caso de " chap " que en inglés significa amigo. Para chegar a esta palabra hai que remontarse ao éuscaro !. De " txapar "( pequeno ) derivou a palabra española " chaparro " que pasou a designar os matos de herba pequenos. Esa palabra chegou a Texas da man de gandeiros mexicanos e con ela unha invención para os vaqueiros que tiñan que pasar dacabalo rozando milleiros de " chaparros " espiñentos. Para evitar as súas rozaduras crearon a " chaparrera " ou " chaparejo " que son unhas fundas de coiro para as perneiras. Chegaron os estadounidenses e incorporaron esa palabra ( como " rodeo ", " lasso " e outras máis ). A palabra " chaparejo " acurtárona a " chap " e de aí pasou a definir amigo da alma, bó amigo porque tanto un bó amigo coma un " chap " van pegados a nós e sálvannos de problemas.
Na foto retrato uns xenetes negros porque tés que saber que a maioría dos vaqueiros reais eran negros e mexicanos.
Etiquetas: curiosidades VI, lingua V
8 comentarios:
Interesante aportación sobre a evolución da palabra. Nunca se me ocurriría a min, rebuscar os orixes de algunha palabra.
Unha aperta "chap".
Pois sí que deu ben voltas a palabriña esa.
Curioso o dos vaqueiros, moi desinformados nos ten o cine.
Ben interesante Paide, o teu comentario de hoxe. Non o sabía.
Bicos
Que interesante, Pai!
Un bico jrande.
Fíxate ti, que de pequeno chegamos a grande amigo. Que malabares fai a maxia das palabras cando van pasando polos distintos matraces de cada colectivo humán...
Apertísimas
como me encantan estas historias das palabras...
en xeral gústanme as historias,
e mesmo a historia!
Pois si que é interesante.
Bicos
Carlos Sousa: buscar o significado e a orixe dunha palabra sempre me gustou e topo historias curiosas.
F. Míguez: deu, si. O dos vaqueiros, como doutras cousas, veñen da man dese mundo de fantasía que nos chuzan como queren.
fonsilleda: eu sabíao pero non dou topadoligazóns que confirmen o que digo.
Nébeda: graciñas pero non é invento meu. Eu só o reflexo no meu blogo.
Chousa da Alcandra: é inherente á especie humana: non podemos evitar darlle connotacións propias a unha palabra e seguindo a cadea o que é pequeno pode ser grande.
zeltia: coincido contigo. A maior novela escrita está dentro dun dicionario.
Dilaida: alédome que o topes interesante.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio