Traballar por " fas "
O tempo segue o seu camiño adiante sen preguntar e sen se deter e así outro compañeiro da torredocaminho se retirou onte. Vou botar de menos as súas historias de fondo sabor popular e as súas anécdotas que abrochaban con cada palabra.
Esta noite pasada trouxo de despedida uns chourizos da casa con viño bastante bó e un licor de cilantro nunha cesta talmente á da Carrapouchiña e falamos de viños, de matanzas de porcos e de enviar produtos da casa en maletas.
Como el me regalou tantos contos eu faleille do conto de traballar por " fas ".
Resulta que a un que se xubilaba un compañeiro díxolle que agora ía aprender a traballar por " fas ". O que se retiraba respondeulle que non sabía nada de traballos de oficina ao que o outro respondeulle: " Si, home si. Agora vas traballar por " fas " porque vai vir túa muller e vaiche dicir " Agora fas isto e logo fas aquilo " e así sempre ".
Na foto unha das vistas dende a torredocaminho.
Etiquetas: traballo III
9 comentarios:
Ben, xa ve que ao final o que resta son as historias.
Vaia, que tes que traballar por "fas ou por ne fas" hahahahaha
bicossssss
Moi orixinal o traballo "por fas" ;-)
Unha aperta.
Antón.
E ademáis penso que traballar dese xeito non computa nadiña para a Seguridade Social; así que non incide no salario pensionable...
Que jodida é a vida do traballador, carallo!
Máis a do retirado, se a cousa é como dis, semella non ser moi rendible. Claro que disto temos moita culpa algunhas mulleres: cando os homes traballan fóra, facemos todo e logo, como vemos que andan ociosos, para que non se aburran, "fas isto, fas aquilo". E non sería mellor ilos entrenando antes da xubilación?
Por favor, me desculpen os homes que por aquí pasan, se o comentario ofende, pero é que miña nai e miña sogra non son das de "fas"; son da de "hai que" ou "había que". E non sei que será peor.
Xa me volvín perder. Estou dispersa.
Bicos para Leo. E para ti. E para quen comparte contigo o facer de cada día.
Mentres sexa por fas non hai problemas, o malo é se despois vén o "non fas". Xa sabemos que hai moitas que lles gusta mandar.
Bicos
pois ainda que é un xúbilo xubilarse, da pena perder compañeiros de traballo que fan as horas de labor máis levadeiras!
pero bueno, como neste mundo todo che é unha sustitución contínua, paréceme a mín que tí estás tomando o relevo para que outros, algún día, dentro de moitos anos, falen de tí coa simpatía e o agarimo con que tí hoxendia falas de outros...
e cando te xubiles non esquezas os chourizos e o viño, que iso sí é celebralo!
É o que ten a xubilación. Despóis hai que buscar algo para entreterse, e "jerrear" coa muller é unha delas, jeje.
O importante é poder xubilarse, que o paso que vai a cousa, non sei se será ós 67, ós 70 ou se haberá.
Fermosa vista.
E, tiña que ser "por fas".
¿Ou non?
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio