leoeosseus

luns, 5 de xullo de 2010

Seudocastelos


Hoxe facía, e aínda fai, unha calor de inferno; así que fomos á praia da foto que ten un seudocastelo e todo.
Nós non temos cartos para mercar ese seudocastelo pero aínda nos dá para tomar uns mexillóns, unhas luras e un revolto de grelos con gambas á beira do mar e parecer uns señoritos.
Por certo, iso dos seudocastelos gusta muito que topei un castelo Exin de tamaño natural pola interrede adiante que ben merece unha ollada así como o resto das fotos de Eladio.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 06/07/10, 22:37 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois na Coruña non fixo tanto calor, porque había unha brisa fresquiña, diría que case fresca de máis!

Interesantes as fotos do enlace que nos deixas. Entretívenme mirándoas, tén unha ollada curiosa.

 
Ás 07/07/10, 10:47 , Blogger Xan dixo...

Non sei onde queda esa praia con castelo, pero parece que a edificación do castelo non respecta a lei de costas, así que mellor non mercalo. Con esa enchente máis que parecer señorítos parecedes señores feudais.
Un saúdo

 
Ás 07/07/10, 18:43 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Na estrada que une Antas con Chantada, indo por Olveda (precisamente hoxe deixei unha imaxe desa ruta na Chousa), tamén hai un seudocastelo deses nunha aldea do concello de Taboada. Está feito con bloques e ladrillo e chama tanto a atención que, en troques de dar ganas de mercalo, dan ganas de chorar!!!.

Saúdos con calor

 
Ás 08/07/10, 14:24 , Blogger busto.agolada dixo...

Coñezo varios casos de seudocastelos. En Loimil (A Estrada), pola estrada nacional que une Santiago con Lalín, converteron unha casa labrega nun deses castelos recastados, expoñentes do mal gusto e dalgún inconfesado complexo.
Eu estou pasando uns días en Miño e aquí a calor levámola ben. Os paseos nocturnos mesmo piden unha chaquetiña.
Apertas e bicos para o Leo que está feito un primor.

 
Ás 08/07/10, 23:45 , Blogger matrioska_verde dixo...

praia ¡que envexa! envexa sá, por suposto.

os enlaces non teñen desperdicio, unhas fotos moi divertidas.

bicos,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio