Vendima 2010
Empezamos por albariño e treixadura para facer viño branco da casa. Outro día vendimamos albariño para a adega. Despóis quedará a treixadura para a adega e as tintas e híbados para casa.
O albariño está sanciño e roxiño e deixa as mans pegañentas do zucre que ten.
O conxunto das uvas amarela-verdosas, o verde das follas filtradas pola luz solar, o azul do ceo e o marrón das videiras dan colorido á vendima.
Este ano hai cantidade abonda.
O Leo come uvas e xoga con plastilina nunha toalla ou sentado nunha caixa. Está tranquilo e ten detalles simpáticos como cando mirou un munico cheo de uvas e preguntou se eran todas para comer el.
O Leo come uvas e xoga con plastilina nunha toalla ou sentado nunha caixa. Está tranquilo e ten detalles simpáticos como cando mirou un munico cheo de uvas e preguntou se eran todas para comer el.
E seguiremos coa vendima algúns días máis.
Etiquetas: arbo II, leo VI, natureza IV
7 comentarios:
Encantanme as uvas pro vino tinto, en portugal chamamoslles "morangueiras" de boas que están.
Pena que non as encontre no mercado...
Bicos
Nin te imaxinas canto me gusta comer desas uvas!
non se atopan no mercado.
Cando nalgunha tendiña de barrio hay algunhasssss, mércollas todas!
este fin de semana irei eu á miña aldea coller as da nosa casa que son unhas pouquechas de nada, e por riba este ano deulle a peste ou algo, que os racimos (como se di en galego?) teñen moitos goios que non foron adiante.
malia que é perto da zona do viño da Ulla, non penses tí que se dan moi ben as uvas por alí.
Pero as que hai están boas, [a americana e a do país -que traducido a nomes non teño idea de qué caste de uvas son]
dame unha envexa o Leoooo,
recórdame a min! hahaha!
Tivestes sorte nos temos unhas parras na finca pero este ano non lle quedou nin a mostra.
Bicos
Que teñades unha boa colleita!!!
De seguro que saldrá un bo viño :)
Nos antes faciamos a vendimia, agora xa fai tempo que non, nen siquera hai uvas, e non sabes canto boto en falta comer unhos racimiños de garnacha...
bicos
Fermosas imaxes.
Boa colleita.
Biquiños
A que na miña aldea lle chaman "do país" e coa que fan o viño da Ulla.
Que seica hai pouca uva desa, así que débenlle mesturar doutra para facer o viño; pero xa andiven falando coa xente de por alí e seica nestes anos están a replantar bacelos novos desta caste de uva.
(eu trouxen unhas poucas -bastantes- para a casa, que me deu envexa o Leo)
colleita, en galego dise: colleita
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio