Monday, October 11, 2010

Catrilíngüe


Nun dos talleres que visitou o coche que non encendía ( que por fin acende e que o demo sexa xordo ), topei esta beleza de cartel catrilíngüe que roza a perfección no seu inglés do pataco ou de manual de electrodoméstico fabricado en Asia.
Tampouco é de extrañar a calidade da lingua se o asina Feijoo & Cía que xa daban trazas no 98 do plurilingüismo que defenden na actualidade ( anque apeando o pobre do idioma portugués ).

5 comentarios:

Chousa da Alcandra said...

Lembras unhas gaseosas que lles chamaban Feijoo?. Pois por aquí, ultimamente ó President of Galician Xunta chámanlle "o gaseosas".
Chispa non ten moita, pero o nome acáelle ben.

Kaplan said...

Chousa, será daquela que a forza se lle vai pola boca

fonsilleda said...

Fantástico!!

Dilaida said...

Vai entre o letreiro que pos ti e o comentario que che fai Chousa fixéstesme rir un bo anaquiño. Gústame o nome que lle dan aló por Antas e ten razón Chousa, chispa non ten ningunha, pero gas, non hai máis que velo o lixeiro que anda para aparecer en todos os medios.
Bicos

Mer said...

Polo menos a intención era boa, ou o parece.
A gaseosa Feijoo aínda anda por ahí, que hai pouco ma serviron nun menú do día, así que tiven a Feijoo ata na sopa.
Vaia dous pailáns Rajoy e Feijoo, co bonitos que son eses apelidos en galego.