O Nadal segundo Leo
O Nadal para Leo son luces na rúa. É árbore co seu debuxo do Papa Noel e do calcetín de cintas de cores do cole. É comer chocolatinas do calendario de Advento. É buscar un Herodes en todos os Beléns. É deixar aberta a fiestra xa que non temos cheminea. É DVDs de Rudolph. É o conto de Antón e o Apalpador ( a imaxe está tirada dese conto de barafunda ). É unha procesión na súa mente dos cinco reis: Melchor, Gaspar, Baltasar, Papa Noel e o Apalpador.
En definitiva; o Nadal é a ilusión máxica nos ollos dun neno.
Etiquetas: etnografia V, leo VII
9 comentarios:
Non hai duda algunha de que son os nenos os que viven - e fannos vivir - o Nadal do xeito máis intenso.
(Eu non sabía nada do apalpador ata fei ben pouco tempo. Se ve que pro estes lares apalpamos sin saber...)
Saúdos
Que o Apalpador lle traia moitas cousas a Leo que seguro, seguro que se portou moi ben.
Bicos para Leoeosseus
E que o Leo sabe...
Estas festas cheas de cores non terían sentido sen eles ¿non si?
Gustoume moito o dos 5 reis.
Bicos
Está claro que para surtir de agasallos os nenos dun mundo tan grande cómpre que se unan e cooperen, e así todos contentos.
Este ano a nós visitaranos tamén o Apalpador (apuntámonos a el, e deixamos a Papá Noel como subministrador de último recurso, igual que coa luz).
O Nadal é sobre todo unha época para o disfrute dos nenos, hai tanta fantasía!!
Bicos!
Que teñades, Leo e vós, un estupendo Nadal!
O leo vai medrando, bo ano para el e para seus pais!
O desafío é non perder a ilusión e disfrutar do Nadal (aínda que sexa polos pequenos da casa) ;-)
Unha aperta dende o sur.
Antón.
Nestas datas gustaríame volver a ser nena para ilusionarme e non deixarme afectar por tantas sombras.
Ou, postos a escoller, gustaríame seguir sendo maior e recibir a visita do Apalpador... Perdóolle as castañas si me apalpa ben.
Bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio