Personaxes femininas de Nadal
Nestas datas non só reparten agasallos e castigos homes con barbas e trasnos. Tamén hai mulleres en distintos países que reparten xoguetes como é o caso da señora Babushka en Rusia que non quixo visitar ao neno Xesús cando naceu porque facía muito frío e, cando decidiu visitalo, xa non había ninguén en Belén. Entroulle mágoa e decidiu saír dende entón todas as noites do Nadal a repartir xoguetes aos nenos da súa aldea fixese o frío que fixese.
En Rusia tamén reparte xoguetes o primeiro día do ano o Avó Xiada ( Dedushka Moroz ) acompañado da súa axudanta a Doncela de Xeo ( Snegurochka ).
En Galicia temos as pupieiriñas, famoso invento meu que deu muito que falar.
Etiquetas: etnografia IV
7 comentarios:
Que bonita lenda, e tiven que ler o post das pupeiriñas, non sabia que eran,jeje
Bicos
bueno,
eu xa viña cos dentes regañados,
porque no teu blog
ate que pase o nadal,
hamo meter polos ollos!
pero pagou a pena, que lin ese conto tan tierno, mol e tépedo.
encantoume!
Que fermosa lenda. Tiña que habere en algures unha avoa que repartise cousas os rapaces.
Apertas
Non coñecía as Pupeiriñas como tampouco sabía da existencia dun personaxe como o Apalpador..que na noite vella apalpa a barriga dos cativos para saber se comeron ben o longo do ano..e que lles deixa presentes e castañas para que comecen ben o ano.
Cantas cousas se aprenden..:)
Bicos!
É ben bonita a historia. Grazas por compartila.
Un saúdo.
Gustoume o conto das Pupieiriñas. Cando o contaches eu non te coñecía!
(E hoxe deume por reparar no teu blogroll. Mimadriña, vaia batufundio que tés montado!!!. Non hai cristo que se entere nel. Voulle pedir a unha das Pupieiriñas virtuais que che ordenen con algo de xeito esa magnífica listaxe!!!)
Apertas
Gustoume moito, tamén, o conto das pupieiriñas. E estou decidida a crer nelas e a confiar en que adiviñen o que quero. A ver si me chega...
Bicos
e bon Nadal
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio