leoeosseus

luns, 10 de xaneiro de 2011

A columna do saber


Hoxe o Leo estreou cole que o vello van tiralo. No vello cole estudei eu e ten columnas como esta. Nunha ocasión tapei os ollos e quixen probar como facían os cegos para desprazarse pero rematei petando contra a columna. De resultas diso rompín un dente e botei unha longuísima tempada indo a un dentista. Esa foi a parte mala da historia da columna do saber. A parte boa foi que miña nai me mercaba " Joyas literarias juveniles " para amenizar a espera na consulta e a viaxe en autobús e esa foi a parte boa porque gracias a iso collinlle afección á leitura e muito do que hoxe sei débolle a unha columna destas.
Vaia este posteo por esa columna que lle queda pouca vida.

Etiquetas: ,

14 comentarios:

Ás 11/01/11, 13:47 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Esta historia contraponse á de "ti es parvo ou caeches dun piñeiro de pequeno"; agora hai que explotar outra: "ti es así de listo de teu ou petaches cunha columna".
Supoño que xa o farías, pero segue a tirarlle fotos ao cole vello, que é o que nos vai quedar.

 
Ás 11/01/11, 15:20 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Mira tí que non lle acae mal a unha columna do saber estar nun colexio!!

gustoume moito esta historia.
E estou pensando eu... que aínda pensas, porque non é moi habitual que a xente relacione tan ben uns sucesos que despois van dar a algo que aparentemente non ten nada que ver.
Me parece que me liei, que mal me explico.

 
Ás 11/01/11, 16:20 , Blogger Dilaida dixo...

Quen lle ía dicir a columna que se che cruzou no medio que ela sería a culpable do teu gusto pola lectura. Aquilo que din "non hai mal que por ben non veña" debe ser verdade.
Bicos

 
Ás 11/01/11, 16:32 , Blogger Bolboreteira dixo...

Haberia que gardala como monunmento a literatura es os bos momentos que pasamos cando disfrutamos dunha boa lectura.
Fermosa historia!
Bicoss!

 
Ás 11/01/11, 18:19 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Xa me parecía a min que as columnas servían para algo máis ca para soster edificios ou esnafrar os dentes!

 
Ás 11/01/11, 18:53 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Un bo xeito de convertir o muro das lamentacións en pedra filosofal.

Apertas

 
Ás 11/01/11, 19:34 , Anonymous Anónimo dixo...

Non lle foi só a columna. Recoñeza que as Joyas literarias juveniles (que eu tamén devoraba) eran unha maravilla.

 
Ás 11/01/11, 23:34 , Blogger busto.agolada dixo...

Hai golpes que dan a vida e fan espabilar. Este é un exemplo ben ilustrativo. No Lazarillo de Tormes, Lázaro aprende a primeira lección cando recibe o golpe do cego contra o touro de pedra que hai na entrada de Salamanca: "o criado dun cego un punto hai de saber máis que o demo".
Fermosa homenaxe e recordatorio dunha columna.
Moitas apertas para os catro.

 
Ás 12/01/11, 15:41 , Blogger Alís dixo...

Non só che ensinou o difícil que é andar pola vida sendo cego, senón que tamén che transmitiu indirectamente a afección á leitura. Esa columna merece un indulto.

Bicos

 
Ás 12/01/11, 21:43 , Blogger matrioska_verde dixo...

un golpe axeitado.
biquiños,

 
Ás 12/01/11, 23:14 , Blogger An dixo...

E unha magoa,eu inda boto en falla o antigo colexio prefabricado onde pasei case toda a miña EXB...Alédome de que a lectura de esa obra de Bruguera abrise a túa mente a lectura. Apertas, coidádevos

 
Ás 13/01/11, 00:10 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

"A letra con sangue entra" viches como era certo
Saúdos

 
Ás 13/01/11, 13:11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Leote no de Aldabra:
e estás moi equivocado, paideleo:
do desamor nacen as mellores cancións,
os poemas mais sentidos.
Na cúspide do amor, un só ten tempo para amar,
non para palabrería.

 
Ás 13/01/11, 16:08 , Blogger trasno dixo...

Tamén lle podías chamar a columna do dentista.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio