leoeosseus

Thursday, 3 February 2011

Butrón


Vilaguindastre está nun cruce de cinco camiños e en todos menos un topamos un club ou máis.
Coa nova lei proibindo fumar nos locais públicos ata as traballadoras dos clubes saen fóra para botar un pito. É unha imaxe ben curiosa e incongruente porque a maioría das mulleres están de maneira irregular no país pero si cumpren a lei antitabaco.
Outra curiosidade: a pintada de " butrón " na parede do club fíxose antes da lei. Supoño que o grafiteiro estará agora contento porque non ten que facer un butrón para ver as mulleres que traballan dentro.

Labels: ,

6 Comments:

At 03/02/2011, 13:40 , Blogger Bolboreteira said...

Moi bo! A de cousas que están a cambiar con esta lei...por moito que lle den voltas para min ten cousas moi positivas.
Esta según comos e mire e que mire pode ser unha desas cousas positivas da lei.
Felicidades por esa neniña!
Bicos

 
At 03/02/2011, 21:44 , Blogger Dilaida said...

Pois agora que saen fora o mesmo teñen máis clientes. Tes razón que é unha contradición que teñan que saír a fumar ao exterior para cumprir unha lei e que ao mellor nin sequera teñan papeis.
Bicos

 
At 04/02/2011, 21:01 , Blogger zeltia said...

sabes que con esta lei vanse recuperar vellos costumes?
si, si,
coma ese de porse a falar uns cos outros na rúa
ti non tes observado como diante dun hotel, ou dun restaurante, os fumadores saen sós, e ó pouco xa están falando entre eles...
agora é do fillos de puta que son sacando esta lei tan inxusta,
e de que vai frio na rúa
do futbol
da política
pero terminarán contando da súa vida, e facendo amigos
e ligando, claro.
eche o que hai

 
At 07/02/2011, 01:58 , Blogger mfc said...

Ri-me bem com este teu post!

 
At 07/02/2011, 22:48 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Iso de cumplir a lei antitabaco polas inmigrantes ilegais é como os que teñen colesterol altísimo e poñen unha tirita cando se cortan nun dediño...

Apertas

 
At 11/02/2011, 12:00 , Anonymous Anonymous said...

De : Beato Darzádegos
A : Paideleo

Bos días amicus:
Un deses anacronismos que tiñan que chegar, case, case sonche un oximorón poético en prosa.
Moi bo o teu agudo pensamento.
¿Pero o que non entendo ben e o "tópico" que intenta dicir ca tirita Chousa de Alcandra. Home, por entender enténdese mais, non por iso van a deisar de telo (o colesterol). Sonche tópicos de isas xentes que pensan que doando sangue xa limpan?.Ollo cos tópicos!...Agora ben, se é un símil coma ise da xente grosa que toma o café con sacarina, pois está ben.
Boas mañás a tudos.
Deica logo amicus.
(as veces emprego "u",onde é "o", outras "i" onde é "e"; é por amolar e dise xeito lembrar coma falan as xentes,algunhas , do redor de "Vijo", e de outros lares tamén. )

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home