Actualizando
Levo uns días sen escribir e a culpa, para que negalo, é a falla de inspiración. A iso hai que sumarlle o cambio de horario no traballo que me ocupa boa parte do día e que fai que lle lea contos a Leo na cama e remato durmido coma un bendito. Cando esperto o menos que me apetece é porme co ordenador así que vou á cama sen actualizar e apenas toco a interrede.
Iso si, todo segue o seu ritmo e así a nena vai progresando na súa burbulla.
Pasou o día do pai co fermoso agasallo de Leo.
Non foi un tsunami nin unha guerra no mundo árabe pero, desgraciadamente, a miña cámara de fotos morreu.
Pero, a pesar de todo, seguirei co blogo como a poética promesa escrita nunha porta dunha casa abandoada.
Etiquetas: interrede VI, leo VII, xela
11 comentarios:
Uishhh parece unha despedida. Non se te ocurra marcharte eh!
¿Cuando nace a nena? E que eu as fotos das eco non as entendo nunca,jeje
Bicos e sigue con nós ;))
Todos andamos un pouco ocupados e como o blog é un pasatempo no se atende.
Por aquí estaremos para cando podas.
Bicos
Volta rápido!
PS - Quanto àquela flor, foi efectivamente tirada em finais de Setembro... e como era tão linda escolhia para "anunciar"a Primavera!
Fizeste um reparo oportuno. Obrigado.
A ti pásache como a min cando a nena era pequecha; que a ía durmir e acababa durmindo eu.
Apertas
Vaia, cantas cousas tirando de un para que o blogue non ande.
Espero que ademais non lle suceda o que ao meu blogue, que me pecharon os de blogger e ao final tiven que abrir con outro enderezo, aínda que afortunadamente coa maior parte dos textos.
Terá a amabilidade de tomar nota do novo enderezo?
¡Que ben que a nena vaia ben!. O da cámara ten arreglo cun móvil.Un recordo para Leo.
apertas.
O primeiro é a vida real e logo a virtual. Non obstante, gústame saber que todo vai ben, o Leo e a pequeña crecendo do ventre da nai. Biquiños.
Este Leo está feito todo un artista.
Pois se a vida tira para que non escriba aquí, xa ve que somos moitos a tirar para que o siga facendo.
E para fotaza a desa nena.
Saúdos a Leo e os seus.
Eu tamén acabo de espertar de ir durmir a cativa, pero creo que quedei durmida eu antes. E que ghusto da!
Fermoso agasallo o do Leo. Parabéns.
Estou segura de que sí, que volverás.
Pero xa se sabe, un "ten días"
;-)
Felicidades por medrar a nena con saúde, polo agasallo do Leo, e porque existan portas con pintadas nas que reparar.
Mellor vivir un conto co Leo que andar a deixar contos... aínda que os botemos de menos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio