Friday, April 15, 2011

Agasallo da matrona


A matrona agasallounos cun paquetiño para falar e xogar coa bebiña. No paquete hai de todo: vén unha listaxe de nomes e apelidos galegos, xogos para facer rir e arrolos estilo Orella pendella, unha pegatina para o coche ( xa está posta ) e incluso un CD cos arrolos que tamén teño no coche para ver se os dou aprendido... que é o difícil !.

6 comentarios:

Kaplan said...

Por un momento pensei que a meniña xa nacera. Vexo que teñen todo baixo control, mesmo a pegata do coche. Que todo vaia moi ben.

Xabres da Teixeira said...

Nesta semana, lisco para Sanabria. Espero que a volta todo esté ben e no seu sitio. O Leo que ainda non empece a mocear. ¡É cedo!.Supoño que pronto sabremos como se chama a nova herdeira.

Dilaida said...

Xa vexo que todo vai ben, alégrome.
Bicos

mfc said...

É sempre uma alegria!
... etudo vai correr lindamente.

zeltia said...

que tenriños os arrolos...
[tamén me da tenrura que ti os leves no coche para aprendelos]

Aldabra said...

e logo, cando aprendas as canciós podes deixarnos aquí un vídeo para escoitarte... je je je

doce espera.

biquiños,