DLG 2011
Coma todos os anos pendúrase unha pancarta na fachada do centro cultural de Vilaguindastre coa imaxe do autor homenaxeado do ano.
Outros aproveitan o día para organizar outro tipo de xuntanzas.
Ou celebran festas gastronómicas anque este ano tiveron o detalle de correxiren o cartaz con respecto ao ano pasado.
En Vilaguindastre actuou o mago Cayetano Lledó que o fixo mui ben e tivo o detalle de disfrazarse de " O Raposo " e non " El Zorro ".
Da miña parte pouco aportar para este día anque quero dar a coñecer un vocabulario do concello veciño con muitas palabras propias da zona e que eu descoñecía.
Tamén poño este vídeo sobre o galego que me gustou.
Etiquetas: curiosidades VII, lingua VI
9 comentarios:
estase espallando a idea de recollermos o vocabulario propio para que non se nos perda. Un bo exemplo o que ti nos achegas. Que medren palabras como carballos na terra!!!
A língua é um factor identitário importantíssimo.
Há que o preservar!
Que bom amigo que vos preocupeis em manter a vossa língua.
Em Portugal os senhores do poder estão destruindo a nossa com acordos ortográficos ridículos que nos porão a falar português do Brasil em menos de 20 anos.
Um abraço
Grazas polo vocabulario, moi interesante.
Mira ti por onde viñeron en corrixir o erro do ovo estrelado. Tardaron un ano, pero máis vale tarde ca nunca.
E sigamos rulando, que hoxe tamén é o día das letras.
Apertas
Pois moi ben pensado o de irmos xantar ovos estrelados con chourizo despois da concentración pola lingua.
Hai cousas que é mellor facelas a base de ovos, xa sabe.
Está moi ben esto de ir ampliando o vocabulario con palabras novas.
Apertas.
Interesantes as achegas de vocabulario. O video xa o coñecía, pero veume ben lembralo... E que lembremos todos e todas o lugar que ocupamos.
Un saúdo.
saiuche un post moi ben aproveitado!
un post enriquecido hahaha
xa non sei de que falar, acugúlaseme!
:D
direi só que as festas gastronómicas parécenme sempre ben, sexan polo motivo que sexan e que as novas palabras son tan novas para min que non coñecía ningunha (ou case)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio