leoeosseus

mércores, 22 de xuño de 2011

Na prórroga


A nena xogou todo o tempo do partido e agora está no final da prórroga.
Os ceos que está a perder teñen un azul húmido fermoso.


As uvas deste ano prometen.



E a ver se probamos este agosto os kiwiños por primeira vez.




A nena perde o fin de curso do Leo hoxe pero retrato para a posteridade as súas simpáticas listas da compra.


E non queda outra: seguimos á espera.

Etiquetas: , ,

7 comentarios:

Ás 22/06/11, 08:35 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Gustoume moito o de "llogures", e toda a lista demostra que o Leíño via por bo camiño.
A ver cando chega a meniña, que xa me tarda... pero cada cousa ao seu tempo.
De verdade escribiches o post ás 4 da mañá? Tes imsomnio ou é que estás de descanso?

 
Ás 22/06/11, 10:29 , Blogger matrioska_verde dixo...

faise de rogar, está escollendo ben o día no que quere vír ó mundo.

biquiños,

 
Ás 22/06/11, 10:52 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Empecei lendo: "A nena..."
e me fixo o corazón "pum-pum" ¡xa naceu!
... pero non
a "doce espera" irásevos convertindo en impaciencia :-)

pasei por vilaguindastre! e lembreime de tí e do Leo, era domingo hora vermut e había ambiente festivo, demos unha pequena volta pola vila e mirei as parellas cun neno, pero ningún era o Leo, e ningunha muller vin embarazada de nove meses ;-)

 
Ás 22/06/11, 12:46 , Blogger mfc dixo...

Vai ser este fim de semana!!!

 
Ás 22/06/11, 13:05 , Blogger Dilaida dixo...

Leo xa está preparado para cuidar á súa irmá, sabe facer a lista da compra.
Agora que xa está preto da meta, espero que a nena se decida pronto, aínda que só sexa para descargar a nai.

bicos

 
Ás 22/06/11, 22:05 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Ben. Seguiremos agardando pola nena, mentres confeccionamos con Leo a lista da compra...
Pensaba que tal vez Leo puidese vir á miña escola e ser meu alumno. Promete...
Pero creo que nos cae lonxe!
Tranquilidade e paciente impaciencia!

 
Ás 22/06/11, 23:11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

As prórrogas sempre poñen algo nerviosos a todos. Pero todo chega coa calma que ten que chegar. Unha aperta! (para Naideleo máis suaviña)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio