leoeosseus

Wednesday, 20 July 2011

Vacacións 2011: primeiro asalto



Neste primeiro asalto descubrín unha chalana abandonada á súa sorte e de nome Xela. Coincide no nome coa nena e quedaron en explicarme a orixe do nome. Outra coincidencia: no momento que nacía a nosa Xela a rapaceada de Sardiñeiro levaba a chalana para botala ao lume de san Xoán pero saiu a dona e rescatouna no último momento. Semella que ambas as dúas, nena e chalana; naceron no mesmo momento.






Nun quiosco merquei o setenta e cinco por cento da literatura galega que tiñan ( ou sexa tres libros ) e axudou a pasar muitos momentos de chuvia e insomnio na casa.





Tiven ocasión de probar a cervexa Gallaecia no centro comercial Finis Terrae de Cee e quedei coas gañas de probar máis porque hai seis variedades. A ver se teño sorte.





Houbo ocasións para fotografar imaxes mariñeiras e veranceiras de Sardiñeiro e como mostra deixo esta pranta multicolor esperando que alguén me dea un nome desta pranta das dunas que non dei atopado neste miniatlas.



Por fin quitei a espiña da visita á fervenza do río Xallas en Ézaro que levo décadas querendo visitala e ata o domingo pasado non tivera éxito. Non me defraudou... e pensar que agora só admiramos o dez por cento do seu caudal orixinal !.


Tamén houbo reencontro co sabor do bólo da panadería Suárez, aturar chuvia, ver ao Leo chapaleando en bulleiros, comer pizza nunha pizzería con manteis de papel do mapa de Galicia e que tamén serven tapas, aburrirnos coas repeticións da canle Clan e ter a primeira sesión de cine do Leo con Cars 2 ( e que non deu aguantado ata o final ).



Agora quedan uns días máis e a ver se millora o tempo e non lle fai caso ao cartel atopado nun mercadiño: " Para el verano gallego: nueva temporada otoño ".





Ata outra.

Labels: ,

11 Comments:

At 20/07/2011, 09:39 , Blogger Dilaida said...

Xela xa case é unha mociña, está moi fermosa e xa se ve que Leo está encantado con ela.
Pois a seguir disfrutando das vacacións coa familia.
Bicos

 
At 20/07/2011, 13:38 , Blogger mfc said...

Continuação de boas férias... aí pela zona de Finisterra!

 
At 20/07/2011, 14:46 , Blogger A Conxurada said...

Os meus parabéns, pola nena e polo nome, que é ben bonito.

 
At 20/07/2011, 19:56 , Blogger Antón de Muros said...

Gustoume moito o resumo dos días de verán (e tamén as fotos) :-)

Apertas dende lonxe.

Antón.

 
At 20/07/2011, 20:42 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Fermosa coincidencia a da chalana coa vosa neniña.

(Reitero que andivemos ben perto estes días. Tamén teño fotos de Ézaro)

Apertas

 
At 21/07/2011, 09:34 , Blogger Aldabra said...

unha cotidianiedade deliciosa!

vese que sabes disfrutar da vida.

esa parte de Galicia é moi fermosa, a mín Ézaro sempre me pareceu máxico, nunca me defrauda cando vou.

biquiños,

 
At 22/07/2011, 01:02 , Blogger zeltia said...

A verrrr cantas cousiñassss, non sei a cal atender (despois da foto dos cativos, claro que xa vale por todo o post)

O nome de Xela encántame. A filla dunha amiga tamén se chama así. Xa lle preguntarei polo significado.

 
At 28/07/2011, 00:28 , Blogger Angel Utrera said...

sI SEÑOR moi ben planificado....A fervenza unha maravilla, ¿Verdade?..¿E como ia de auga....porque coa seca...

 
At 01/08/2011, 15:07 , Blogger Peke said...

Xela é o hipocorístico de Anxa ou Anxos, unha especie de diminutivo, aínda que non exactamente. Consultado no dicionario dos nomes galegos publicado por Ir Indo.
Por certo, están guapísimos os dous.

 
At 15/08/2011, 12:35 , Anonymous Anonymous said...

A planta é Euphorbia paralias (leiterena das praias).

 
At 27/02/2014, 15:03 , Blogger Zeltia said...

un gusto volver a reler case tres anos despois...!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home