Vendima 2011
Nótase que hai crise que a vendima se adiantou e vén máis farturenta que outros anos e así a adega non quere máis uvas que os dous mil cincocentos quilos do cupo e o resto hai que tragalo. Menos mal que apareceu outra adega que quedou cos máis de mil quilos a máis de Albariño que produciron San Benito, Soutelo, Suborribas, Correlos, O Couto, Tumbalobos e As Carmelas.
Levamos unha boa farta os dez vendimadores contando o primeirizo curmánD con doce anos.
Agora queda a Treixadura para a adega e as tintas e híbados para a casa pero iso é outro cantar.
Na foto uns cachos de Albariño non mui grandes que había outros coma rapaces pequenos.
Etiquetas: arbo II, etnografia V
9 comentarios:
Este ano hai moita uva tamén pola Ulla. E cedo, sí.
Esperemos que a cousa dé de sí como para que os viticultores teñan un chisco menos de crise.
Haberá que pensar en facer algo de viño pro ano que ven, para consumo própio.
Unha aperta.
Non sabes canto daria eu por zamparme un racimiño de uva branca e outro de garnacha mmmmmm dende que non temos cepas xa non sei a que saben... canto me acordo da vendima!!!
E que bom que é o Albariño...
cai tão bem!!
Polo que teño escoitado é un traballo ben duro o da vendima. Pero eu que son moi solidario, arrimarei o fuciño para axudar a consumir o froito de tanto esforzo!! :-)
Ainda bem amigo que por aí as vindimas são fartas. Aqui na minha zona que também é zona de bons vinhos a produção é pouca ou quase nenhuma. As chuvas intensas de Maio trouxeram o míldio e a morte da maior parte da colheita para este ano.
Um abraço e tudo de bom
A materia prima ten boa pinta, así que o produto elaborado tamén será bo.
A min logo me ha de tocar ir botar unha man ás ribeiras do Sil e do Cabe, terreo rompepernas, pero dá un viño tinto tan saboroso que merece a pena!
Que cousa tan bonita a cor dos cachos dourados no tempo da vendima! (si, esquezo o traballo e o esforzo de vendimar)
Só fixen unha vendima na miña vida. Agora sería incapaz.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio