Viños e comidas
Non, non estou anunciando unha casa de comidas ou un bar para camioneiros. Estou resumindo este sábado pasado cando tiven a comida de empresa onde comín muuuitas navallas que estaban gordas e saborosas e descubrín que eran muitos compañeiros os que as comían con garfo e cuitelo. Tamén bebín un viño branco Ribeiro que non estaba mal: " Terra Zelta". Nesa comida non cheguei aos postres nin aos discursos nin ao novato cantando " A Rianxeira " que tiña que ir cuns familiares a unha adega de Arbo. Alá chegamos baixo un batagada de chuvia que o curmán de Mallorca disipou con só saír do coche. Mostráronnos as instalacións e probamos un proxecto de viño escumante mentres desfrutabamos da vista outonal tralas vidreiras. Despóis fomos ata A Refontán onde se coñeceron as dúas familias e rematou algún enamorándose do xamón ecolóxico.
Foi un sábado para lembrar.
Etiquetas: arbo II, familia III, traballo III
6 comentarios:
Mas as navalhas só sabem bem comidas à mão!!!
Que finos que eles eram!!!
Creo que nunca comín as navallas con garfo e coitelo. Así non saben tan ben!
Bicos.
As navallas son para min, xunto cos berberechos, dos produtos do mar que máis me gustan. Pero teño que recoñecer que eu tamén as como con coitelo e garfo, e iso que son das que come as xoubas cos dedos.
Quen é ese marabilloso debuxante que vos está a retratar?
Parabéns por ese sábado inesquecible.
¡Navallas con coitelo! ¡¡Vaites!!
¡Oes!, eso no se fai, comer navallas, veber bon viño de Arbo, e xamón ecolóxico.... e non chamar a un pobre coma min...non hai perdón do ceo.
Unha aperta e que aproveite.
Resumes moi ben estes días: viños e comidas, e logo a culparse cando chega xaneiro e collimos algún kilo de mais , e a matarse no ximnasio.
Eu xa tiven dúas comidas pero non comín navallas, co que me gustan. As maís ricas que comín na miña vida, cominas en Fisterra. Aínda as recordo.
Biquiños e bó nadal.
hai días para recordar... e xamóns para namorar.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio