leoeosseus

mércores, 26 de setembro de 2012

Recolléndonos


Co este tempo outonal tan cheo de razón non queda outra que recollerse na casa ou saír a sitios cubertos que é o que lle gusta a Leo e desgusta a Xela. Así o luns tocou sesión de cine coa película " Tadeo Jones " ( Taveo segundo Leo ) e que estivo mui ben e entretida a pesar do incordio de levar gafas. Eu aínda rin un pouco co can e o loro e os soldados malos parecían clons dun tal Feijoo.
Na cama rin tamén hai un cacho cando lle contei o conto a Leo. Ultimamente o Leo anda un pouco desafeito a ler así que lle mandei ler uns títulos duns contos que xa leramos e cando lle tocou ler " Por que el cielo está tan lejos " cando chegaba á palabra " lejos " el estaba farto de ler e inventou " alto ". Eu rin un pouco e volvín sinalarlle a palabra para que a lese de novo. Desta volta leu " lonje " e aí rin máis que ata curei a moqueira momentaneamente. Eu non paraba de rir e o Leo contaxiouse e riu coma nunca. Eu xa choraba da risa pero aínda rin máis cando Leo deixou de rir e preguntou inocentemente:  " Por que rimos tanto ?. De que te ris ? ".

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 26/09/12, 02:37 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Ai, eses momentos si que "non teñen precio"... que saudable esa risa q ata se nos saltan as bágoas.
O leo estivo "impagable"

 
Ás 26/09/12, 13:57 , Blogger matrioska_verde dixo...

a risa tonta, que lle chamo eu.

biquiños sorrintes.

 
Ás 26/09/12, 15:24 , Blogger Dilaida dixo...

Non me estraña que te rises.Encántanme as ocurrencias de Leo.
Bicos

 
Ás 26/09/12, 21:11 , Anonymous peke dixo...

:))))

 
Ás 27/09/12, 00:03 , Blogger fus dixo...

Me ha gustado tu texto, el otoño ya lo tenemos aquì.

un abrazo

fus

 
Ás 27/09/12, 10:27 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

É a mellor cousa do mundo rir cos fillos. Eu ás veces río en silencio, para que non se entere moito, pero claro, coa risa contida móvese máis a tripa, e entón a pequena dime: Xa estás a tremer outra vez. E entón comezamos as dúas a rir con esa risa parva sen saber moi ben por que (como lle pasa a Leo).

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio