leoeosseus

martes, 12 de febreiro de 2013

Sen currumiños


O venres pasado Leo desfilou pola parroquia cos compañeiros de cole e Leo ía cun arco de vella, un sol e unhas nubes no traxe porque a xente do cole ía de algo relacionado co ciclo da auga. A Xela tocoulle ir de pintora artística na guardería ata que se meteu no coche e rompeu o disfraz feito de plásticos. 
O sábado foi Leo nunha comparsa de policía de Lego e hai que recoñecer que lle acaía mui ben o uniforme de policía. Eu fun de coella preñada para non pasar frío e fixen ben que ese día arrefriou muito o tempo.
E hoxe a ver quen era o guapo que saía de currumiño co esta poalleira e este frío e unha alternativa que escollemos  foi ir ao cine. Fumos mirar " Rompe Ralph " e estivo ben. Bueno, empezaron co corto de "Paper man " e logo foi o turno da película onde o protagonista é un malo nunha máquina de xogos desas de moedas e quere gañar unha medalla e ser bo e percorre varias máquinas de xogos. Estivo ben e no final, cando acenderon as luces, muitos adultos tivemos que secar algunha bágoa que nos baixaba pola faciana.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 15/02/13, 11:32 , Blogger Aldabra dixo...

de coella preñada... que orixinal e rebuscado... je je

vexo que vivides o antroido, está ben... eu non o vivo nadiña e apenas ví desfraces este ano.

biquiños,

 
Ás 15/02/13, 15:25 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Iso dunha bágoa pola faciana, está moi, pero que moi ben. Abenzoadas sexan as bágoas.
Apertas.

 
Ás 16/02/13, 21:14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xa nos podías amosar un plano completo do disfraz de COELLA PREÑADA.

 
Ás 18/02/13, 02:22 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Ti sempre traes curiosidades:
"cuuurumiiiño, cuuuurumiiiiño unha pesetiña, un oviño"

o ollo ese que che asoma polo traxe sáeche moi guapo! ;-)

Pero estou con Chousa que había que ver o disfraz enteiro (incluso o Leo de policía de lego estaría mellor)

 
Ás 24/02/13, 21:41 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Está tudo bem convosco Pedro? Estranho a ausência de novos posts.
Um abraço e tudo de bom para si e sua família.

 
Ás 24/02/13, 22:50 , Blogger abuelacris dixo...

Ola familia, tempo sen pasar xa vexo que imos tirando, eu estou ben pero menos activa no blog xa virán días máis activos. Un bico para todos, avóa Cris

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio