Vixésimo primeiro mes
A naipela chegou aos vinte e un meses e prosperando en todo. É unha neniña inquieta que está atenta a todo. Non sei de onde saca as forzas para correr e subir a toda canta altura hai. Fala bastante e coñece algunha letra como o "A". Conta á súa maneira: " tinto, sei, oto, noelés ( nove máis dez xuntos )". Antes dicía " quete " como quente para dicir que algo non lle gustaba pero agora xa di "agusta" cando non lle gusta algo ou tira co prato directamente ao chan. Ten muito xenio e chama a toda voz pola mamá ou polo papá. Encántalle Epi e Blas ( "Api Blas ") e os vídeos da " Galinha pintadinha ". Outra cousa que lle gusta é encher papeis de "cícolos " ( círculos ) e de alí pasa a escribir en mobles e paredes. Cando quere algo non dubida en roubarllo ao irmán ou chora pedíndoo.
E así vai, con días alegres como o da foto tirada hai unha semana ou con días pochos como estes últimos días ata que lle meteron onte un soro milagreiro nas urxencias do Xeral para baixarlle a febre da amigdalite vírica.
Etiquetas: xela II, xelartista
5 comentarios:
Que linda. E que sorriso feliz. Parabéns para si e para sua esposa.
UM abraço e uma boa semana
Ten razón Elvira, si. Esa risa que teñen enche o mundo!!!
Apertas
Parece taaaaan feliz... :)
alégrame de que xa non estea maliña, (que sustos dan, va que sí?)
porque dá gusto vela do linda que está.
o Leo e a Xela están moi guapiños, a verdade... vexe que se crían ben.
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio