Entre libros
No cole de Leo tiveron a iniciativa de cambiar libros por leite para familias necesitadas e Leo colleu o conto " Pinturiño " que ten boa pinta e que trata dun lapis que quere facer algo importante. Tamén no concello fixeron unha feira do libro e de artesanía e na biblioteca soltaron libros por puntos de Vilaguindastre e adiviña quen topou un. Si, topeino na piscina municipal e é " Dez " de Andrej Longo. O código BCID en BookCrossing é 149-11812003 e cando o lea xa o soltarei. O malo é a cantidade de leituras que teño pendentes. Terei que ler muito.
Etiquetas: lecturas I, leo IX
5 comentarios:
Pois le, le moito e cóntanos.
Não participei neste Book Crossing embora tenha participado em todos desde 2010. Em Outubro se Deus quiser voltarei a participar. O Leo está um homenzinho e a princesa quase a fazer 2 aninhos.
Que Deus os abençôe, e os proteja.
Um abraço e uma boa semana
Pois é cuestión de poñerse, aínda que sexa os poucos.
Saúdos
pois veña, ponte a ler xa.
biquiños,
Eu hai varios libros que quero "liberar", e gustaríame facelo así, de maneira que lles puidera seguir a pista, porque sempre se lle colle cariño e dame algo de mágoa desfacerme deles, pero é o seu camiño natural, va que si?
Terei que investigar na rede a ver como se fai a cousa. Alá para o verán, que estarei menos ocupada.
(no das colas de libros recomendados para ler, e que me apetecen, ´pásame como a tí. E veña a pospoñer, porque non hai tempo a todo. A ver o que dan de sí as sobremesas tranquilas do verán)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio