Dignidade
Haberá uns vinte anos eu era veciño de Maxi. El traballaba noutra empresa distinta á miña pero gañaba o mesmo salario ca min. Cando chegaba o día vinte sempre me pedía prestadas 40000 pesetas que me devolvía nada máis empezar o mes seguinte. Eu non sabía en que as gastaba nin me importaba pero Maxi sempre cumpriu co trato coma un cabaleiro. Nunha ocasión deixou de pedirme cartos e ata hoxe.
Pasaron todos estes anos e Maxi rematou entrando no paro haberá uns tres anos como muitos que está a atacar esta crise. O outro día mireino entrar nun bar a mirar un partido. Non ten muitos cartos así que nin pediu na barra nin colleu silla nin nada. Púxose de pé a mirar todo o partido sen tomar nada pero tampouco gastou silla nin mesa, con toda a dignidade do mundo.
Muito deberían aprender uns nestes días revoltos en cuestión de traballo e dereitos dos traballadores mentres outros malgastan, aprovéitanse da situación e aínda por riba choran por máis cartos e subvencións.
Etiquetas: personaxes II, traballo IV
3 comentarios:
Que necesaria é a dignidade! Sen ela non somos persoas.
Oxalá que todo o mundo puidera vivir dignamente, tanto no material coma no espiritual, que ás veces fai tanta falta ou máis.
é fermoso o que contas... como di o dito ese: "mellor morrer de pé que andar de rodillas"
canta tristura no que contas.
biquiños,
e conmovíchesme con esta historia.
Tamén ti, prestando mes tras mes as corenta mil pesetas.
(moi bo mozo que eras. supoño que o seguirás sendo, que inda es novechiño)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio