Rengos e máis aprendizaxes
Nas estadías en Arbo acostumo aprender cousas novas e este domingo non ía ser menos. Aprendín que " desistir " pode significar ir ao baño a facer augas maiores e tamén aprendín que hai unha herba mala que se chama " rengo ". Tamén aprendín que se lles fai un nó aos alleiros. Seica así medran máis as cabezas de allo enterradas. Non sei se é verdade pero aquí faino toda a xente.
Etiquetas: lingua VIII, natureza VI
2 comentarios:
Pois xa che contarei como vai o de anoar os allos. Farei un experimento e farei nós unha devasa sí e outra non, e xa veremos cales dan mellores cabezas.
Si, o dos allos fano en máis sitios. Pero non sei se iso dá resultado ou non...
O que non sabía era que esa herba se chamase así.
Sempre aprendo cousas no teu blogue
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio