Balneario e baleirado
Onte estivemos nun balneario portugués onde, a pesares da decadencia, desfrutamos todos; Leo e Xela incluidos. Comemos ben nunha pizzaria e estivemos no parque escuitando a fillos de portugueses falando francés. Xela mandoulle o enésimo golpe que leva e quedoulle unha marquiña.
Logo fomos a Tui e tomamos algo na terraza do Silabario.
Hoxe tocou cambio total e fomos a Acedre a baleirar a casa de mobles e trangalladas. O xantar estivo animado coa presenza das señoritas da vila e o marido dunha e outra parella mui peliculeira de señor maior e chica nova. O camiño estivo marcado polas tipicidades de sempre e pola descuberta do sinal de perigo de nenos chorando. Fíxate na imaxe en amarelo.
3 comentarios:
Passei. Deixo um abraço e votos de continuação de boas férias
Estiven poñéndome ao día. Xela está moi guapa e riquiña. Alédome de que todo siga o seu curso e vaia ben.
O sinal de nenos chorando está clariño clariño... (claro que hai que andar criando nenos para que esa ollada se faga recoñecible sen máis hahaha)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio