leoeosseus

xoves, 11 de xullo de 2013

Comparando


Pasa o tempo e mudan as formas. Hai máis de trintatantos anos eu era un rapaciño que debuxaba robots inimigos de Mazinger Z. Un día estaba todo enfrascado debuxando no portal do cuartel da Garda Civil esperando por un amigo fillo dun garda. De súpito caiume unha enxurrada de auga por min e a libreta onde debuxaba, levanto a vista e miro un Garda Civil daqueles tempos con bigote e tricornio que aguantaba unha mangueira e que estaba a regar o céspede. Como se aburría non se lle ocorreu nada millor que mollarme a min. El ría e eu solteille un " hijo de puta " que me saiu do peito e botei a fuxir.
Nada que ver co garda de onte cando fun denunciar a rotura do portal do edificio. Levei a Xela e estamos na época de abandono de cueiros e, está claro, escápaselle algunhas veces. Pois iso, non se lle ocorreu nada millor á nena que mexar no cuartel. Eu non sabía que facer pero o garda díxome que me tranquilizsse e ergueuse e foi buscar unha fregona e limpou o chan. Tamén trouxo papel hixiénico para a nena e unha bolsa do lixo para a braguiña.
Semella que algunhas cousas milloraron co paso do tempo.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 14/07/13, 12:10 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Muita coisa mudou para melhor amigo.
Porém ainda está muito longe de um mundo ideal.
Um abraço e um Santo Domingo

 
Ás 14/07/13, 22:32 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Teño a impresión que estivemos en Oia un mesmo sábado...(A posta de sol...era calcadiña)

 
Ás 15/07/13, 02:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

E menos mal que en algo mudou...
polo menos o tricornio!
;-)
Moitos progresos para Xela!

 
Ás 15/07/13, 02:17 , Blogger Paz Zeltia dixo...

(por máis que miro unha suposta posta de sol da que fala Chousa, non vexo máis que unhas farolas)
será isto o que a xente chama "retranca galega"?

 
Ás 15/07/13, 02:19 , Blogger Paz Zeltia dixo...

uf. Agora xa comprendín: refírese a outro post anterior. -e que... quedaba eu descolocada!-

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio