Dáme na espiña
Dáme na espiña que non vai tocar este número na lotaría de Nadal pero hai que mercalo porque é o que xoga a empresa. Hoxe tocou volta de fin de vacacións e despois desta noite que andaron os trasnos a pintar todos os coches de branco era obriga mercar un dos últimos décimos.
Pero si non toca a lotaría pode ser que Leo saque uns cartiños de mais para a familia cando sexa maior e escriba cousas como as que escribe agora que non teñen desperdicio.
PIRATAS los piratas son una triculacion de marineros y un jefe que no tiene ni pata ni mano y tampoco ojo
MOMIAS las momias son personas cubiertas de papel y gienico que se encuentran en egipto
Etiquetas: leo IX, traballo IV
4 comentarios:
Non se pode deixar de mercar a lotería que se xoga na empresa, non vaia ser que tódolos compañeiros se podan retirar e un teña que seguir coma sempre (que ás veces non é tan malo).
Qué xeniais os textos do teu fillo. O primeiro lémbrame o refrán de que no país dos cegos o torto é rei. E o das momias tamén é precioso. Gárdaos, porque cando o teu fillo vos retire co que gane como escritor estes documentos terán moito máis valor (que xa teñen dabondo).
Unha aperta
á parte de todo o que entretén ler iso... hai que ver os coñecementos dos que xa dispón o Leo!
: )
(que ben o pasades!)
Muito interessante o poder de observação do Leo. Quanto à cautela, só posso desejar boa sorte.
Um abraço e uma boa semana
O Leo xa apunta maneiras de escritor, o da momia esta moi ben.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio