leoeosseus

luns, 13 de xaneiro de 2014

Aclarouse o misterio


Ao final o periódico misterioso estaba nunha taquilla dun compañeiro que botaron á rúa por levar produto para casa.
E falando de cousas ilegais saiu a relucir no traballo a expresión " plantar / deixar un salgheiro " que na Guarda significa " deixar cartos a deber " e que por outras zonas dicimos " plantar / deixar un pexegheiro ".
Na foto sain amieiros e eucaliptos que, ao millor, son árbores que falan de débedas noutras zonas de Galicia.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 15/01/14, 01:52 , Blogger Alís dixo...

Os eucaliptus seguro que falan dunha débeda, unha que estamos tendo coa terra, á que queimamos só por ter un beneficio rápido. Moito lle debemos, sí.

¿Estás certo de que por saber de quén era o xornal está resolto o misterio? Non estaría tan segura.

Un aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio