Rapaces e neve
Estamos en plena invernía e paseamos os nenos malamente. Xela quere ir a parques e brincar e malamente pode ir por debaixo de soportais na bici de Reis e bailar ao son dalgún flautista ambulante que ri cando lle dá moedas de unha en unha.
Como pasou a Candeloria e chorou e riu sabemos que queda aínda inverno así que para a fin de semana tocará acercarse á montaña portuguesa para enredar coa neve.
Etiquetas: etnografia VI, natureza VI, xela III
1 comentarios:
Entón, inda non lin os post que siguen a este, pero supoño que vivistes experiencias brancas!
Pola candeloria soñei con paxaros. Cho xuro.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio