Trixésimo segundo mes
Cada vez queda menos para que a nena faga os tres anos. Xela ten obsesión con ser maior e dío case en cada frase. Xela é unha nena inquieta e tanto debuxa como fai carreiras con coches e debuxa ben para a idade que ten. Con Leo lévase ben anque hai ocasións que pelexan por algo. No comer segue co seu sistema de vivir do aire e o de pedir as súas necesidades non o fai como sería desexable. Non sei pero semella que o fai a propósito. Está enamorada dos debuxos de Caillou e dos aparatos electrónicos: ordenador, Storio, tablet, móbil, o que sexa.
Por certo, mui agradecido pola mención de Xela no blogo mimadrinha.
Etiquetas: xela III, xelartista
4 comentarios:
Vivir, vivirá do aire, pero ben fermosa que está.
Sí que debuxa ben, sí. E está fermosa. Parece que o que come chégalle ben (aínda que como pais sempre nos parece que non, pero non hai como ver cómo crecen e o activos que están).
Parabéns para Xela e para os pais
Unha aperta
Dile que non teña presa. Xa o fará o tempo por ela.
Pois eu tamén penso que Xela debe metabolizar moi ben o aire, pq...vese moi saudable!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio