leoeosseus

sábado, 1 de marzo de 2014

Entruido en Vilaguindastre


Por mor desta chuvia que non nos deixa queda adiado o desfile de entruido para o venres vindeiro ( que coincide coa protesta pola nova lei do aborto no Porriño ) coincidencia que non sei eu se sería coincidencia con segundas.
Tamén pode ser coincidencia que antes as letras " o " de O Porriño que estaban no muro da piscina tiñan forma de balón pero chegou este goberno e repintou as letras e o artigo do nome quedou sen pintar como para borrar o nome galego.
Tamén pasaba que antes o Leo falaba galego e, ós poucos, foi deixando de falalo e agora di que non lle gusta e non o fala.
En fin, hai que ter paciencia con todo.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 07/03/14, 00:49 , Blogger Alís dixo...

Insinúas que dan por suposto que os que van á manifestación contra a reforma da lei do aborto son os que participan no desfile do entroido? Poida que así pensen eles e non me extrañaría.
Paciencia, sí, fai falta moita. Pero todo acaba volvendo ó seu sitio.

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio