leoeosseus

domingo, 13 de abril de 2014

Mediando abril

Estou botando unha tempada traballando de noite e non vou ter vagar abondo para visitar estas leiras virtuais así que irei actualizando como poida.
Nesta semana fomos ao cine a mirar " Mr Peabody e Sherman " e Xela tamén ía ir ao cine por primeira vez se non quedase durmida.
Onte sábado fixo un día fermoso así que collemos o barco para cruzar a ría.
Leo aprendeu en directo o significado da palabra ronsel.

 
 
Tamén tivemos oportunidade de mirar o barco de salvamento probando os tubos de lanzar auga.

 
No parque doutra beira da ría desfrutaron os dous.







Pero o que máis lles gustou foi ir nos coches de choque. Foi unha experiencia que temos que repetir.
Ata a próxima.


Etiquetas: , ,

5 comentarios:

Ás 15/04/14, 03:18 , Blogger Alís dixo...

É que os coches de choque molan moito. Eu porque xa non me dou metido nun (por aquí só vin nas atraccións para máis pequenos), pero boas ganas teño de lembrar o ben que o pasaba neles.

Descansa o que podas polo día

Unha aperta

 
Ás 16/04/14, 14:55 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Un ronsel de ledicias as que vos proporcionan eses dous gromiños. Dá gusto velos (eu tamén vos vexo a vos disfrutando. Seguide!)

Apertas

 
Ás 17/04/14, 13:38 , Blogger Peke dixo...

Como di Chousa, dá xenio velos tan felices. Que sigan así.

 
Ás 17/04/14, 14:00 , Blogger Raposo dixo...

Ai, os autos de choque, que lembranzas me traen!! que ben o pasaba!!

 
Ás 18/04/14, 20:55 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a min tamén me entrou de súpeto unha añoranza grande polos autos de choque. non podía ir tanto como quería, pq resultaban caros para o meu peto. Por iso o tempo que duraba era gozado a cada segundo, inda que saise algo magullada por veces!.
Iso de ver aos nenos pasalo ben, é un pouco como volver tamén vós a infancia.!

(e sí que leo os comentarios que me deixas na Formiga Atómica!) ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio