Trixésimo quinto mes ( e unha volta por Cans )
A xoubiña vai camiño dos tres anos e segue cunha vitalidade de película. Resiste máis que o coello de Duracell e consume mui pouco. Gústalle a televisión e todas as actividades novas. Hai veces que quere xogar con Leo e el non quere e chora a nena pero é facil de consolar e remata respondendo: " Vale ". Quere ser amiga de todos e cando escapan Leo e o curmán dicindo que Xela é un mostro ela chora dicindo que quere ser a súa amiga. Gústalle fregar todo o chan incluindo alfombras e pés e pintar en todos os lugares. Tamén enxabrona o chan con toda a intensidade. Intensidade que perde á hora de comer que come petiscando todo cos dedos larafuzándose toda. Xa pide sempre para as súas necesidades pero ten que durmir con cueiro. Fala ben anque mistura presente con pasado e futuro de forma simpática e di: " Antes era grande pero el viernes voy a ser un bebé y mi porto bien y no tomo tetiña ". Ten carácter rebelde e rematamos enfadados co ela ela di: " Mi voy a portar bien ". Pero dúralle un minuto ata que fai outra.
En definitiva,pasámolo ben co ela.
En definitiva,pasámolo ben co ela.
E hoxe acerqueime ao festival de Cans. Collín o autobús coa avoaE, un autobús que custa un euro e podes utilizalo as veces que queiras. O festival medrou en espazo e segue co seu ambiente dos chimpíns, música e a xente indo dun ghalpón a outro bebendo e pasándoo ben.
Poño a foto dun cartaz deses simpáticos que poñen da xente que vai casar que eu pensaba que era dunha curtametraxe.
Etiquetas: vilaguindastre IV, xela III
1 comentarios:
"ProgresA adecuadamente" :)
mira que inda non fun nin unha vez a Cans! apetéceme por ver o ambiente, pero a xente fálame de moita troula e que non hai nin sitios onde durmir... e pensar en aglomeracións e moito borracho xa me bota para atrás.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio