Abdicar e adicar
Estes días fálase muito de abdicar e non vou engadir máis nada. Iso si, eu non abdico de ser Acedre o Viaxeiro, rei de Grania, personaxe literaria da que sinto fachenda.
O de abdicar fíxome lembrar a Fardi, un compañeiro daquela mili que a todos igualaba ( todos os varóns, está claro ) e sendo el xitano e ambulante tocoulle aparecer en Burgos comigo e máis soldadiños. O Fardi non tiña un can pero buscaba a vida debaixo das pedras e tiña personalidade e xeitos de vestir o uniforme que lle valían arrestos continuos. Quería manter un ligue por carta e mandábame a min escribirlle cartas de amor. Outro detalle simpático que tiña era que copiaba as letras das cancións en inglés como tal como soaban e mirabas escrito alí " chullufomí " e cousas así. Tamén tiña a peculiaridade de que sabía caló que o escuitei falar por teléfono e non pillei nin papa; eu sabía que falaba de cartos porque non podía evitar acenar coas mans o frote dos dedos. E do seu falar cheo de expresións calés facíame graza cando miraba algo curioso e soltaba un : " Adica, gonso ! " que adoptei no meu falar e que se traduciría por un " mira, colega ! ".
E iso era o que quería contar eu de abdicar e adicar.
Etiquetas: lingua VIII, personaxes III
3 comentarios:
Todos, en algún momento, tiñamos ganas de abdicar; pero hai que continuar coa coroa!
hahaha mira ti que non lle collo a relación,
pero ben adicado está o post
Adica gonso, do que queiras abdica! Pero de ser Acedre o viaxeiro nunca... que che quentamos as orellas!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio