Escaleiras e auga
O tempo este dá para falar e así falamos na hora do taco de varios temas. Empezamos falando do ascensor do choio que, unha vez máis, estaba avariado e había que subir muitas escaleiras e, falando delas, saíron lugares con muitas escaleiras e un é o Bom Jesus que ten uns elevadores que funcionan con auga cun sistema de contrapesos que me resultou curioso. De alí saltamos a tempo de recollida de kiwis, alerxias e hospitais.
Na foto non hai unha balea no medio dun cultivo de arroz senón millo e un penedo bañados polo río desbordado. Esa auga sería boa para os elevadores dos portugueses que son mui mañolas ou enxeñosos, segundo di un compañeiro.
Etiquetas: curiosidades XI, natureza VI
2 comentarios:
Tem chovido muito este ano. Pelo menos na minha zona.
Um abraço e bom fim de semana
xa vos choveu un pouco de máis polas terras do sul...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio