leoeosseus

venres, 30 de xaneiro de 2015

Bazares


Chove e os paraugas non duran nada. Fun mercar un a un bazar novo e o bazar é como todos: frío e con chinesas que me seguen máis ou menos disimuladamente. O que me extrañou é que me dixesen " Ola " cada un dos chineses cos que me topaba. Semella que cambian algúns costumes e non din como a chinesa do bazar da foto que lle dixo a unha amiga isto con estas mesmas verbas: " Tú siempre mirar y nunca comprar ". Por suposto a amiga non volveu pisar o local.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 30/01/15, 23:44 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parece que por aqui os chineses são
diferentes. São simpáticos, não andam atrás de nós e quando tentamos mostrar a mala na saída, esboçam um sorriso e dizem
"Ó não"
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 31/01/15, 19:54 , Anonymous peke dixo...

Non me estraña que non volvese. Eu levo fatal as presións. Calquera día a ver se me animo a contar o que me ocorre a min cun paquistaní que ten o seu posto na entrada do Gadis.

 
Ás 05/02/15, 10:05 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai pobre chinesa haha pode que só quixese gastar unha broma e nós non saibamos recoller o seu sentido do humor

:D

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio