Escritores, neves e máis
Esta fin de semana principiou co encontro con Carlos Vila Sexto, guionista e escritor e curmán de quen isto escribe. Foi mui ben recibido no clube de leitura de Redondela e tivo a sorpresa da visita de curmáns e tía. Falou das vicisitudes no mundo da televisión da súa serie " Los misterios de Laura " e do libro que publicou a catro mans con Javier Holgado. Eu tiña un exemplar e adicoulle o seu libro a Leo " de escritor a escritor ".
Estou orgulloso de ter un curmán tan grande e sinxelo.
No sábado partimos cara a Cabeza de Manzaneda que estabamos coa teima de ir á neve e non dabamos topado o momento ideal.
A neve non era muita e estaba dura pero tivemos a sorte de que estaba aberta a estrada ata o alto de todo e aforramos o timo da telesilla ( 8 euros por persoa ). Alá nos tiramos neve, esbaramos cun plástico, intentamos facer un moneco de neve e gravei o silencio.
Fixemos un amago de moneco de neve que levamos de volta a Catro Caldelas onde iamos durmir. Aguantaría toda a noite se non pasasen por alí uns nenos que empezaron a xogar coa pouca neve que quedaba. Á mañá seguinte pasaron uns nenos e Xela e Leo dixeron que eran eles dende o balcón. Os nenos miraron para arriba e dixéronlle a Xela: " Chao, guapa " e Leo, coa súa lóxica dixo: " No, estos no son que no son malvados ".
O hotel era o encanto da foto. Está mui ben cuidado e é novo e está exquisitamente adornado. O prezo era de risa e o trato mui amable. Recomendo este hotel.
A catro pasos estaba o castelo que visitamos. Aparte da catapulta da entrada tiña de curiosidade, polo menos para min, a copia do primeiro texto escrito en galego que foi escrito en Castro Caldelas alá polo ano 1228.
Na foto aparece un selo dese texto.
Rematou o paseo no cemiterio de Castro Caldelas de onde marchamos para o hotel antes de que aparecesen os zombis.
E hoxe empezou ben o día coa descuberta por parte de Leo de que o ratiño Pérez tamén está por Castro Caldelas que lle trouxo un estoxo para o cole e unha libreta para escribir os seus libros.
Baixamos a Ourense e aínda tivemos tempo de dar unha volta no tren dos Carrileiros, un asunto que tiñamos pendente dende hai tempo.
Na foto está un xigante ou un don Quixote feito con material ferroviario e unha roda dun carro de bois.
Quedamos contentos desta fin de semana !.
Etiquetas: familia V, viaxes III
3 comentarios:
Muito interessante o passeio. No Sexta também há uma reportagem fotográfica de uma exposição.
Se quiser passar por lá, penso que vai gostar.
Um abraço e uma boa semana
Unha finde completiña. :)
Carlos Vila Sexto, guionista dos misterios de Laura, non sabía que era curmán teu. Eu tamén estaría fachendosa.
despois de xogar coa familia na neve, de sentirte pai feliz...
gravaches o silencio.
e teño que parar, un pouco, antes de seguir lendo, con esa imaxe evocadora.
pero xa o hotel, o castelo, Ourense... a bo fe que hai que ser novo para ter forzas de andar dous días por aí con nenos e quedar con enerxía para volver para a casa...!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio