Entre ovellas e astros
A nosa vida " cultural " segue anque teñamos que desprazarnos a outros concellos e así onte fomos mirar no cinema " A ovella Shaun " que non me defraudou nadiña para ser unha película de monecos sen dar unha fala en todo o tempo.
Hoxe tocou teatro co marabilloso grupo Baobab e a súa obra " Martes " que nos deleitou cunhas figuras monicreques de cores fosforitas nun esceario totalmente negro. A historia sinxela e cun final feliz fixo aplaudir a nenos e muitos pais.
E, entre ambas actividades, pasei unha noite con dúas horas de insomnio matinando sobre varias cousas e unha era unha frase que busquei na interrede que non lembraba e que din por Arbo e ten que ver muito con Leo que lle están tardando os dentes en caír. Despois de muito matinar dei coa frase.
Como isto serve de arquivo vou poñer a frase para que non se me repita o insomnio e unha ligazón a un refraneiro mui interesante onde atopei unha variación desa frase no seu falar.
A frase é: " Quen tarde adentece, tarde aparentece ".
A ligazón vai ata Sendim coa frase: " Quien cedo adentece cedo armanece ".
Etiquetas: cinema I, curiosidades XII, lingua IX
4 comentarios:
¡Carai! como creceron os teus herdeiros. Estan a facernos xa velliños.
Xa tes un bo par de mozotes. Á parte de amosarnos sempre páxinas ben interesantes.
Muito interessante. Os filhotes estão lindos e decerto adoraram o programa.
Um abraço e bom fim de semana
moi interesante o link
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio