leoeosseus

martes, 26 de maio de 2015

Rescatando fotos

 
 
Hoxe rematan as miñas vacacións e tiven a arroutada de ir onte ata Vivenzo para retratar a evolución dos cabaceiros neste recuncho de Melón. Era media mañá e había máis cans ca xente que só mirei a dous anciáns e sentín falar a dúas persoas máis. Os cabaceiros están prácticamente abandoados e só a da dereita tiña millo.
E falando de cabaceiros non podo evitar pór aquí unha refoto dun mural dun local de Tui onde sae retratado por Ksado o conxunto de hórreos de Betanzos do que só se conservan cinco deles, seica.
 
 
 
E aquí queda arquivado.


Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 27/05/15, 18:05 , Blogger Ana Cosque dixo...

Vin os de Quins esta semana santa. Mágoa non coñecer estes. E mágoa que os deixemos esmorecer.

 
Ás 28/05/15, 20:12 , Blogger paideleo dixo...

Pois precisamente de Quins sae una estrada para Negrelle e Vivenzo ( a uns seis quilómetros ). Tamén antes de Quins está a Eira do Casal con tantos hórreos que non saen todos nunha foto.
Para outra ocasión xa sabes.

 
Ás 11/06/15, 10:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Mira que quería ir eu a esa aldea, xa pasou tanto tempo, e non fun. Consólame pensar que non podo ver todas as marabillas do mundo, mais entristéceme que desaparezan as testemuñas dun xeito de vivir durante séculos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio